Retiran do mercado unhas coñecidas galletas sen glute por conter burundanga

A distribución produciuse en todo o territorio nacional e as autoridades recomendan a aquelas persoas que as mercasen que eviten consumilas

As autoridades sanitarias españolas anunciaron a retirada do mercado dun lote de galletas de chocolate sen glute da marca Gerblé por conter escopolamina, coñecido como droga da burundanga, ademais de trazas do medicamento atropina. O lote afectado é o 51914913 con data de caducidade 20 de setembro de 2023 segundo alerta a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan). As galletas foron distribuídas en Andorra e Francia, e foi desde último de onde procede o lote afectado. En Alemaña tamén se está facendo un seguimento desta alerta.

Segundo informa a Aesan, a distribución produciuse en todo o territorio nacional e a información foi trasladada ás autoridades competentes das comunidades autónomas a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI), co obxecto de que se verifique a retirada dos produtos afectados.

Publicidade

Foi Cataluña a primeira autonomía en dar a voz de alarma e avisou ao Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (Sciri). As autoridades recomendan que as persoas que teñan produtos afectados se absteñan de consumir as galletas.

Que é a burundanga?

A escopolamina, burundanga ou hioscina é un alcaloide tropánico cun alto nivel de toxicidade que se atopa como compoñente dalgunhas plantas. Os efectos desta droga son amplamente coñecidos polo seu uso na submisión química, polo seu efecto hipnótico e sedante.

En medicina, a escopolamina é utilizada en casos moi concretos para previr e tratar o mareo, as náuseas, a colite e os vómitos provocados por medios de transporte; na acción sedante sobre o sistema nervioso central; e para dilatar a pupila.

https://twitter.com/AESAN_gob_es/status/1677371408144384000?s=20

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O estramonio, o alucinóxeno que abunda nos campos galegos

Nove vacas dunha explotación gandeira de Rois morren despois de inxerir as follas dunha planta "moi tóxica" e abundante en Galicia

“Xeráronse moitos mitos arredor da burundanga; é excesivo falar de alarma”

O catedrático da USC Manuel López-Rivadulla ve “excesiva” a alarma creada polos casos de submisión química con uso desta substancia

Así é a burundanga, a droga da submisión sexual

As claves da escopolamina, tras do estudo científico que certifica o primeiro caso de submisión por burundanga en España