Premio para un programa galego que achega a pacientes de Covid-19 coas súas familias

Higea, da Cátedra de Cronicidade da USC, foi galardoado pola farmacéutica Janssen como o mellor proxecto español de sensibilización da saúde

Desde decembro de 2020, xusto antes do estourido da terceira vaga da pandemia da Covid-19, a Cátedra de Cronicidade da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida polo doutor Antonio Pose, conformou un equipo de 22 persoas voluntarias, estudantes de Medicina e Enfermaría. O obxectivo, achegar ás persoas positivas en coronavirus que estaban hospitalizadas ás súas familias. Deste xeito, contribuíuan a que os pacientes puidesen afrontar a convalecencia en contacto cos seres queridos, nunha relación limitada por mor do illamento para conter a transmisión do virus. Púxose así en marcha o proxecto Higea, que acaba de ser recoñecido pola compañía farmacéutica Janssen co primeiro premio “Afectivo-Efectivo” no apartado de ‘Acción de formación, transformación, información ou sensibilización ao redor da saúde desenvolvida dende o ámbito universitario’.

O xurado recoñeceu a relevancia de ‘Higea’ entre os 350 proxectos aceptados. Os premiados, segundo a propia organización, responden a iniciativas e/ou persoas “que mellor souberon transmitir os valores de afectividade, efectividade, innovación, compromiso e humanidade”. Desta forma, a iniciativa converteuse nun modelo de humanización hospitalaria no medio dunha pandemia que imposibilitaba a comunicación entre as familias e os/as pacientes.

Publicidade

O voluntariado estivo conformado por 22 estudantes de Medicina e Enfermaría. Foto: USC.
O voluntariado estivo conformado por 22 estudantes de Medicina e Enfermaría. Foto: USC.

900 contactos entre pacientes e familias

Nestes sete meses de vida, ‘Higea’ puxo en contacto a familias e persoas enfermas ata en 900 ocasións. Os e as beneficiarias deste servizo foron persoas de idade avanzada ou con problemas para realizar este contacto (43’5% homes e 56,5% mulleres). O tipo de axuda prestada foi en forma de videochamada múltiple (31%), videochamada persoal (58,2%), chamada unipersoal (9,4%) e chamada telefónica múltiple (1,1%). Os voluntarios do programa da Cátedra de Cronicidade tamén enviaron mensaxes de texto, vídeos, mensaxes de voz e fotos aos familiares que o solicitaron.

Doutra banda, e segundo os formularios de satisfacción cubertos polas familias, o servizo foi cualificado de excelente, non considerando a necesidade de introducir ningunha mellora e cunha petición unánime de que as conexións se realizasen dúas veces ao día. En palabras de Montse Sánchez-Agustino, coordinadora do programa, “fomos ás plantas COVID a dar e eles déronnos moito máis a nós”.

Publicidade

1 comentario

  1. Felicidades por el premio, en la UCI de Conxo hicimos algo similar a este proyecto y la verdad es que como profesional resulta muy gratificante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS