O Goberno español aproba a terceira dose contra a Covid-19 a persoas inmunodeprimidas

Estímase que unhas 100.000 persoas forman parte deste grupo, no que están pacientes transplantados ou que reciben fármacos contra a esclerose múltiple

Unha semana despois de que os organismos europeos EMA e ECDC presentasen o informe no que expoñían que “xa debe considerarse a opción de administrar unha dose de reforzo” da vacina contra a Covid-19 a algúns colectivos de persoas inmunodeprimidas, a Comisión de Saúde Pública que reúne ao Ministerio de Sanidad e comunidades autónomas do Estado español acordou dar o paso. Así se aprobou na reunión do martes, que cingue esta nova dose a “algunhas persoas en situación de grave inmunosupresión, nas que existe un risco elevado de que se produza unha resposta inmune insuficiente á pauta convencional de vacinación”.

Concreta o acordo que esta dose de reforzo “está indicada para as persoas con trasplante de órgano sólido, receptores de trasplante de proxenitores hematopoéticos (vinculados ás patoloxías da medula) e a personas en tratamento con fármacos anti-CD20 (anticorpos monoclonais como rituximab, veltuzumab, ocrelizumab ou ofatumumab) usados en pacientes de esclerose múltiple). Segundo El País, estímase que as persoas que recibirán en primeiro termo esta dose de reforzo serán unhas 100.000 no conxunto de España.

Publicidade

No caso destes colectivos preferentes de persoas inmunodeprimidas, a terceira inxección “deberá realizarse polo menos 28 días despois de recibir a anterior”, mentres que no caso das persoas tratadas con anti-CD20 “deberá administrarse transcorridos seis meses desde a finalización da terapia”. Para todos os casos terán prioridade as vacinas de ARNm (Pfizer ou Moderna), preferentemente a mesma que a inxectada en primeiro termo.

O anuncio segue, segundo destacou o Ministerio de Sanidad, as recomendacións da Ponencia de Vacinas e o Grupo de Traballo Técnico de vacinación COVID-19 (GTT), que levan semanas estudando a posible necesidade de completar a pauta en determinados colectivos cunha dose adicional. Estes organismos seguen traballando para avaliar os beneficios dunha dose de reforzo noutras persoas inmunodeprimidas, como os pacientes oncohematoloxicos en tratamento quimioterápico e noutros con patoloxías de base que requiran de tratamento inmunosupresor.

Publicidade

Europa non contempla, por agora, unha dose de reforzo para toda a poboación

Con todo, e na liña do avanzado a pasada semana pola UE, estes mesmos colectivos destacaron que “no momento actual non se dispón de datos sólidos que apoien a administración dunha dose de reforzo no conxunto da poboación”, incidindo ademais que ningunha das vacinas aprobadas polo momento contempla unha terceira inxección na ficha técnica.

Queda pendente, por agora, que facer coas persoas maiores de 65 anos. Algúns países comezaron a recomendar nos últimos meses, en determinadas circunstancias, unha terceira inxección a este colectivo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un consorcio internacional acelera o desenvolvemento da vacina ‘galega’ contra a tuberculose

Os 12 socios coordinados por Biofabri reciben 18,2 millóns de euros para apoiar dous ensaios clínicos en países de África Subsahariana

Galicia amplía a cobertura da vacina reforzada contra a gripe e adianta a do sarampelo aos dous anos

A inmunización contra o virus respiratorio comezará a administrarse na próxima campaña á poboación xeral de entre 65 e 69 anos

A galega Zendal logra luz verde para comercializar a primeira vacina trivalente contra a lingua azul

A Axencia Europea de Medicamentos valida o fármaco destinado a ovinos fronte a varios serotipos do virus polos seus efectos sanitarios e económicos

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida