Xoves 28 Marzo 2024

Nobel de Medicina para os descubridores do virus da hepatite C

A Asemblea do premio Harvey J. Alter, Michael Houghton e Charles M. Rice, recoñece o avance fronte á infección, causante de cirrose e cancro de fígado

A Asemblea Nobel decidiu outorgar este luns o galardón do Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía en 2020 a Harvey J. Alter, Michael Houghton e Charles M. Rice, descubridores do virus da hepatite C. Segundo destaca a institución, trátase dunha “contribución decisiva á loita contra esta doenza transmitida polo sangue, que hoxe se mantén como un importante problema de saúde pública que causa cirrose e cancro de fígado.

Alter, Houghton e Rice fixeron achados fundamentais para identificar o patóxeno. Antes disto, o descubrimento dos virus da hepatite A e B xa deran un importante paso, pero a maioría dos casos seguiían sen ser explicados. O achado do virus da hepatite C fixo posible a realización de análises de sangue e desenvolvemento de medicamentos que salvaron millóns de vidas.

Publicidade

A inflamación do fígado adoita estar causada por infeccións virais, aínda que tamén se produce por outros factores como o abuso de alcol, toxinas presentes no ambiente ou doenzas autoinmunes. Xa nos anos 40 se soubo que había dous tipos de hepatite. A primeira delas, a A, transmitíase por auga ou comida contaminada, e adoitan ter un pequeno impacto a longo prazo no paciente. As outras dúas, B e C, tranmisibles a través do sangue e outros fluídos corporais, representan unha ameaza máis seria de saúde, ao permanecer silentes durante anos ata que se agravan os síntomas.

Nos anos 60, Baruch Blumberg determinou que unha das formas de hepatite transmitidas a través do sangue estaban causadas polo virus tipo B, o que lle valeu o Nobel de 1976. Porén, nese tempo, Harvey J. Alter, que traballaba no National Institutes of Health (NIH) dos Estados Unidos, constatou que algunhas das infeccións se debían a un patóxeno aínda non coñecido. O problema era grave, xa que moitas persoas se infectaron a través de transfusións de sangue.

Deste xeito, puxéronse importantes esforzos na identificación do novo virus. Michael Houghton, que traballaba para a empresa farmaceutica Chiron, impulsou o illamento xenético do virus e acabou describindo a presenza de anticorpos compatibles co novo patóxeno.

Faltaba unha peza, que completou Charles M. Rice: confirmar que o virus, por si mesmo, podía causar as patoloxías no fígado. Mediante ensaios en macacos, observouse que ao inxectar o ARN do virus no fígado desenvolvíanse os síntomas da enfermidade.

Grazas ao descubrimento do virus da hepatite C, desenvolvéronse tests de detección a través do sangue, o que impediu a infección mediante transfusións de sangue en moitas partes do mundo, mellorando notablemente a saúde global. Tamén se idearon fármacos antivirais, que melloraron o prognóstico da doenza, ata o punto de poder curarse. Neste momento estanse facendo grandes esforzos globais para a erradicación do virus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Isto é o que non se conta dos achados científicos do ano

Un ano máis, a ciencia deu grandes pasos pero non fixo milagres. E isto non todo o mundo o conta así de claro

A elección dunha muller para o Nobel de Química altera a tendencia a premiar investigacións masculinas

O 50% das científicas galardoadas dende 1901 recibiron o recoñecemento nos últimos 20 anos

“Meu pai traballa no aceiro e meu avó era mineiro, nunca imaxines teitos”

David MacMillan, galardoado en 2021 xunto a Benjamin List, fala para GCiencia: "Cando me deron a nova pensei que era unha broma de mal gusto”

Roger Penrose, un “Da Vinci da nosa época”, e premio Fonseca antes ca Nobel

O científico, que destacou en diversas disciplinas científicas e fixo tamén importantes achegas á arte, visitou Galicia en 2011