Venres 19 Abril 2024

María José Alonso, presidenta da Controlled Release Society, entidade de referencia mundial

A catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica María José Alonso foi elixida presidenta da Controlled Release Society (CRS), a sociedade científica máis relevante a nivel mundial no ámbito dos sistemas de liberación de fármacos e nanomedicina. A nominación e elección da profesora Alonso tivo en conta a súa sobresaliente traxectoria da docente da USC así como o seu prolongando compromiso coa CRS. Este é o terceiro gran recoñecemento que suma a catedrática en menos dun ano, tras ter sido elixida membro da Academia Nacional de Medicina de Estados Unidos e do prestixioso ‘ College of Fellows’ do American Institute for Medical and Biological Engineering (AIMBE) de Estados Unidos.

O laboratorio de María José Alonso ten liderado numerosos descubrimentos no campo da Tecnoloxía Nanofarmacéutica. Ademais, a profesora Alonso coordinou varios consorcios de investigación internacionais financiados pola Organización Mundial da Saúde (OMS), a Fundación Gates e a Comisión Europea. Actualmente participa en sete proxectos internacional, cinco deles financiados pola Comisión Europea.

Publicidade

É autora de 240 publicacións científicas con máis de 13.000 citas (factor h 67) e inventora de 20 familias de patentes. A calidade do seus traballos levouna a situarse entre os dez investigadores máis importantes do mundo en Farmacoloxía, segundo o ránking internacional Times Higher Education en 2010, sendo a investigadora española máis influínte en Farmacia e Farmacoloxía, de acordo co ránking do índice h.Pertence ao consello editorial de once revistas científicas e foi asesora do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía para a elaboración da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación de 2011, ademais de formar parte do consello asesor do Ministerio de Sanidade. Entre 2006 e 2010 foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC.

Ao longo da súa carreira leva recibidos numerosos premios, entre os que destacan o premio Jaume I de Novas Tecnoloxías, o premio Maurice Marie Janot, o premio Nóvoa Santos e o María Wonenburger. É membro de tres academias en España: a Real Academia Nacional de Farmacia, a Real Academia Galega de Ciencias e da Academia de Farmacia de Galicia, ademais da pertencer á Academia de Medicina de Estados Unidos.

A profesora Alonso desempeñou cargos de responsabilidade en varias sociedades científicas, entre elas a CRS. A súa primeira contribución a esta última sociedade foi como fundadora da sección Hispano-Portuguesa da organización (1994), máis tarde como asesora científica (1995-98 e 2012) e, dende 2013, como membro da xunta directiva e como secretaria en 2016.

Controlled Release Society

Con sede en Minnesota e máis de mil membros asociados, a Controlled Release Society é unha organización internacional cuxo primeiro obxectivo é “promover o avance na ciencia e tecnoloxía e liberación de moléculas activas para solucionar retos globais”. Neste senso, como sociedade líder a nivel mundial neste campo, reúne científicos, enxeñeiros, médicos e profesionais técnicos nunha rede multidisciplinar orientada a ampliar o coñecemento nesta materia.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China