A Sociedade de Amigos do País cede á USC parte do seu fondo artístico

A Universidade de Santiago de Compostela e a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (RSEAPS) asinaron este xoves un acordo para que unha parte significativa dos fondos artísticos desta entidade á universidade compostelá. Son en total vinte e sete cadros, tres columnas estatuas e unha vitrina de bandeiras que se emprazarán en distintos lugares e plantas do edificio neoclásico que alberga a Facultade de Xeografía e Historia.

En concreto, o fondo pictórico confórmano sete retratos da autoría de Fenollera, dous de Mariano Tito Vázquez, outros tantos de Elvira Santiso, once de autor descoñecido e obras de María Consuelo Gil de la Peña, José Alarcón, Isidoro Brocos, Miranda e M. Fernández.

Publicidade

A recepción e acollida das obras de arte fíxose a través da sinatura do contrato de acomodato que formalizaron este xoves o reitor Juan Viaño e o presidente da RSEAPS, Juan B. de La Salle, nun acto no que tamén participaron o decano da facultade anfitrioa, Francisco Durán, e o profesor da USC emembro da RSEAPS, José Manuel García Iglesias.

Como manifestou o reitor, “que inauguremos esta galería precisamente na sede orixinaria da Real Universidade, ten o seu propio valor simbólico xa que a profunda remodelación a que foi sometido este edificio a comezos do século XX foi promovido por don Eugenio Montero Ríos, prócer moi vinculado tamén á Real Sociedade de Amigos do País”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos