Galicia mantén o pasaporte covid en hospitais pero elimina as restricións en hostalería

O conselleiro de Sanidade anuncia que se retirarán as limitacións por número de comensais nos próximos días

A Consellería de Sanidade revisará nos próximos días a restrición de comensais por mesa no ámbito da hostalaría, pero non a esixencia do certificado Covid para visitas a ingresados en centros hospitalarios e sociosanitarios, que a Xunta ve “correcta”.

O anunci, feito polo conselleiro Julio García Comesaña, garantiza que Galicia permanecerá como única comunidade autónoma con restriccións pola Covid-19, despóis de que Valencia e Canarias levantaran esta fin de semana as últimas pendentes, ademáis da mascara en interiores.

Publicidade

Visitas a ingresados

A Xunta comunicou o pasado venres, 25 de marzo, a prórroga até o 9 de abril a obrigación de presentar o certificado Covid de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para visitar aos doentes ingresados nos centros hospitalarios e sociosanitarios, medida que conta co aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Respecto diso, Comesaña defendeu como “correcta” esa medida en “ámbitos vulnerables” que “cada 15 días” require do aval do TSXG. “Non está a xerar ningún problema nas visitas”, apostilou, para lembrar que “Galicia distribuíu moitos certificados de vacinación”.

Publicidade

Hostalaría

Ademais, até as 00,00 horas dese 9 de abril tamén a Xunta mantén en Galicia a restrición na hostalaría do límite de comensais por mesa tanto en interior como en exterior, dez e 20 persoas, respectivamente. “É unha cuestión que revisaremos nos próximos días”, concluíu.

O conselleiro de Sanidade apelou pese a todo á “prudencia” e a “seguir vacinándose” os que aínda non recibiron as doses contra a Covid-19, ademais de apostar por “manter” as medidas de seguridade como o uso da máscara. Así, lembrou que se incrementaron os ingresos hospitalarios, aínda que matizou que “a metade ingresan con Covid e non por Covid”.

Así mesmo, incidiu en que Galicia “seguirá mantendo o sistema de monitorización de casos” e avisa de que, si é necesario “tomaranse medidas” si “algo pasa”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis de 2.500 sinaturas esixen á Xunta que declare o salmón “en perigo de extinción”

Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a administración galega "asuma a súa responsabilidade" e protexa a especie

Xurxo Mariño recibe o Premio de Divulgación da RAGC: “A cultura científica contribúe nunha cidadanía crítica”

O galardón recoñece o labor do investigador da Universidade da Coruña, que leva máis de tres décadas difundindo coñecemento científico dende Galicia

Galicia amplía a cobertura da vacina reforzada contra a gripe e adianta a do sarampelo aos dous anos

A inmunización contra o virus respiratorio comezará a administrarse na próxima campaña á poboación xeral de entre 65 e 69 anos

Un fármaco para recuperarse tras un ictus e unha tecnoloxía de selado de latas, Premios á Transferencia

Os galardóns que outorgan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación premian un grupo do IDIS e outro da UVigo