Xoves 28 Marzo 2024

Dous científicos galegos reciben o Premio Novos Investigadores

Os científicos galegos Rubén Nogueiras e Miguel Quintela veñen de ser galardoados na segunda edición do Premio Novos Investigadores que concede a Fundación AstraZeneca, nunha iniciativa que, en colaboración co instituto de Saúde Carlos III, recoñece o talento de científicos menores de 40 anos.

Miguel Quintela.
Miguel Quintela.

A través destes premios, a Fundación brinda a oportunidade aos galardoados, un total de catro, de desenvolveren investigacións propias e innovadoras en áreas terapéuticas prioritarias para a saúde como a Diabetes Tipo II e Obesidade, EPOC, Oncoloxía e Rehabilitación Cardíaca Post Síndrome Coronaria Agudo (SCA). Nesta segunda edición rexistrouse unha participación un 25% superior á do ano pasado, e dous investigadores galegos resultaron gañadores tras a avaliación das 90 candidaturas.

Publicidade

Na categoría Diabetes Tipo II e Obesidade, Rubén Nogueiras, natural de Vigo, e investigador da Universidade de Santiago,  resultou gañador polo seu traballo desenvolvido no Centro de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS). Este estudo abre novas vías de investigación para buscar compostos específicos para a diabetes tipo II, unha das principais causas de morte a nivel mundial.

Nogueiras, que conta cunha bolsa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, ten recibido varios importantes premios con anterioridade polos seus traballos sobre a diabete.

Pola súa banda, Miguel Quintela, natural da Coruña, gañou o galardón pola súa investigación desenvolvida no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO). O seu traballo destaca por ser directamente “transferible á práctica clínica” que se materializaría no desenvolvemento de “vacinas personalizadas” para o cancro de mama.

Os gañadores recibirán unha bolsa de 20.000 euros cada un e, ademais, terán a oportunidade de visitar os centros de investigación da compañía e manter unha reunión cos directivos responsables da selección do talento científico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor

Atopada unha proteína que evita que o ADN se triplique

Un equipo do CNIO descobre un sistema 'antifallo' que podería ter aplicación na prevención do cancro e doutras enfermidades