Este óso misterioso está a regresar aos humanos modernos

Unha investigación do Imperial College de Londres atopa que a fabella reapareceu nos xeonllos humanos

O óso da fabella é o pequeno situado na marxe inferior dereita. Foto: Imperial College.

Un óso que se pensaba que estaba case perdido para a evolución, e que resulta raro nos humanos modernos, está a facer unha estraña remontada. Coñecido como o óso de fabella, este situado no xeonllo e nos últimos tempos é tres veces máis común nos xeonllos humanos que fai cen anos.

O novo estudo publicado no Journal of Anatomy baséase nunha análise de 21.676 xeonllos realizado por investigadores do Imperial College London no Reino Unido.

Os científicos  comprobaron máis de 58 estudos publicados en 27 países, que se remontan a 1875. O equipo atopou que, a partir de 1875, as fabellas estaban presentes no 17.1 por cento da poboación estudada. A partir de aí, o equipo creou un modelo para a poboación mundial. Isto amosou que, no ano 1918, só o 11.2 por cento dos humanos tiña fabella, pero en 2018 o resultado medrou ata o 39 por cento, un aumento de 3,5 veces.

O resultado asombrou aos especialistas. A fabella clasifícase como un óso sesamoideo, o que significa que medra no tendón dun músculo, como fai a rótula. E chegou a resultar tan raro que non se coñece a súa función.  “Non sabemos cal é a función da fabella, ninguén a investigou”, di Michael Berthaume, membro do equipo .

“A fabella pode comportarse como outros ósos sesamoideos para axudar a reducir a fricción dentro dos tendóns, redirixindo as forzas musculares ou, como no caso da rótula, aumentando a forza mecánica dese músculo. Ou podería non estar a facer nada”, explican os investigadores, que tamén sospeitan que sexa un refugallo evolutivo que xa non ten función ningunha.

A reaparición da fabella semella estar relacionada con algunhas doenzas  nos xeonllos

O que si sabemos é que a fabella está relacionada coa dor de xeonllo e a artrite, aínda que non é  necesariamente a causa: as persoas con osteoartritis do xeonllo teñen o dobre de probabilidades de ter unha fabella que as persoas sen osteoartritis, por exemplo.

Tamén hai evidencia de que a fabella é moito máis frecuente noutros mamíferos, como algunhas especies de monos, o que leva á pregunta de como a evolución podería ter un papel no feito de que os humanos en realidade non necesitan estes ósos.

Unha gran porcentaxe de nós vivimos ben sen ter unha fabella, e os investigadores non están seguros de por que se está a volver máis común de novo. Unha hipótese é un vínculo cos crecentes niveis de mellor nutrición, unha tendencia que se observou en todo o mundo ao mesmo tempo que a fabella regresou.

“A humana media, hoxe, está mellor alimentado, o que significa que somos máis altos e máis pesados”, di Berthaume: “Isto veu con canelas máis longas e músculos da pantorrilla máis grandes, cambios que poñen ao xeonllo baixo unha presión cada vez maior. Isto podería explicar por que as fabellas sexan máis comúns agora que antes”.

Sábese que os ósos sesamoideos crecen a medida que se lles coloca máis forza e ​​se lles pide que fagan máis traballo, pero doutra banda, a fabella é o único destes ósos que parece ser cada vez máis frecuente.

Outra explicación é que agora somos mellores para detectar o óso de Fabella. Obviamente, a nosa taxa de detección con imaxes por resonancia magnética é mellor agora que a disección ocasional ou as radiografías antigas.

Aínda que non sabemos que fai a fabella ou por que a necesitamos, o que resulta seguro con este estudo é que está a facer unha remontada espectacular. “A fabella é un óso que non ten unha función aparente e causa dor e incomodidade a algunhas persoas, o que podería requirir a súa extirpación se causa problemas”, di Berthaume . “Quizais a fabella pronto será coñecida como o apéndice do esqueleto”, conclúe.

Aquí podes consultar a investigación publicada  en Journal of Anatomy

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.