Xoves 25 Abril 2024

Un equipo galego, nun proxecto de 4 millóns para tratar problemas de visión

O proxecto Orbital, integrado por 23 entidades, busca mellorar o tratamento de doenzas da parte posterior do ollo

O grupo I+D Farma da Universidade de Santiago de Compostela é un dos integrantes do proxecto ORBITAL, un novo proxecto Marie Curie Innovative Training Network enfocado ao tratamento de enfermidades do segmento posterior do ollo que acaba de recibir financiamento por valor de 4 millóns de euros da Unión Europea. Orbital confórmano un consorcio de 23 institucións europeas, americanas e canadenses no que se integran universidades, hospitais, empresas e asociacións sen ánimo de lucro dedicada a apoiar a persoas que sofren problemas de visión. Neste senso, a profesora Carmen Álvarez Lorenzo é unha das promotoras do proxecto dende o seu inicio, mentres o doutor Laurence Fitzhenry do Waterford Institute of Technology (Irlanda) é o coordinador da rede.

Coa posta en marcha de ORBITAL búscase potenciar a investigación sobre formas de administración de fármacos menos invasivas que as inxeccións intraoculares, centrándose en introducir melloras en colirios, lentes de contacto medicadas e dispositivos con microagullas que poidan tratar estas doenzas causantes de dificultades na visión.

Publicidade

Bolsas predoutorais

Dende unha perspectiva integradora das necesidades dos pacientes e os profesionais médicos, ORBITAL pretende capacitar investigadores novos en tecnoloxías innovadoras nun entorno multidisciplinar e transnacional, subvencionando 15 teses de doutoramento. Do total, o equipo da USC supervisará dende a Facultade de Farmacia dúas bolsas para a elaboración da tese.

O prazo para que as persoas interesadas presenten as súas candidaturas aos distintos proxectos predoutorais que se ofertan permanecerá aberto ata o 28 de xuño. Este proxecto internacional ofrece aos doutorandos e doutorandas a posibilidade de traballar en colaboración con investigadores moi destacados no seu campo, dende a perspectiva da aplicación clínica en beneficio dos pacientes, así como de levar a cabo estancias no entorno empresarial para formarse nos procesos de transferencia dende o laboratorio ata a clínica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha galega abre o camiño para aplicar intelixencia artificial na administración de vacinas

A investigación valeulle a Lorena García del Río o IX Premio Julián Francisco Suárez da Real Academia de Farmacia de Galicia

Un equipo de Santiago mellora a eficacia terapéutica contra a artrite reumatoide

O investigador Iván Lamela formula na súa tese modelos de microcápsulas aptas para tratamentos a nivel intraarticular

María José Alonso, nomeada ‘honoris causa’ pola Universidade de Nottingham

A catedrática da USC e investigadora do CiMUS quixo compartir esta distinción “con todo o equipo que me acompañou ao longo da miña carreira"

Unha tese da USC, a mellor do mundo no eido dos fluídos supercríticos

O estudo de Víctor Santos Rosales trata o desenvolvemento de estratexias de procesado de biomateriais no ámbito da medicina rexenerativa ósea