Santiago acolle un congreso internacional sobre doenzas neurodexenerativas

A Facultade de Medicina de Santiago acolleu este mércores a presentación do VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas (CIIEN), que reunirá a referentes mundiais neste tipo de doenzas. Precisamente na semana na que se conmemora o Día Mundial do Alzhéimer, a raíña dona Sofía presidiu a inauguración, un acto no que participaron ademais o reitor da USC, Antonio López, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; a secretaria de Estado de Universidades, Ángeles Heras; e a tenente de alcalde de Santiago, María Rozas.

O congreso, organizado pola Fundación Reina Sofía, a Fundación CIEN (Centro de Investigación en Enfermidades Neurolóxicas) e CIBERNED (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Neurodexenerativas), vai ser un foro de intercambio sobre os principais avances na investigación e tratamento do Alzhéimer, Párkinson, Huntington e outras doenzas neurodexenerativas. 

Publicidade

Algúns dos relatores que falarán en Santiago son referentes mundiais, como Harald-Jürgen Hampel, da universidade Sorbona de París, que na súa lección inaugural disertou sobre os avances na medicina de precisión para a enfermidade de Alzhéimer; Michael T. Heneka, do Centro de Investigación Médica da Universidade de Bonn (Alemania), que incidirá na relación entre os aspectos innatos do sistema inmunolóxico e a enfermidade de Alzheimer; e Adriano Chiò, da Universidade italiana de Turín, que profundará na ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica). Intervirán tamén os catedráticos da USC Ángel Carracedo e José Luis Labandeira-García, este último coordinador do grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidad de Párkinson da USC e que é o nodo científico en Galicia de CIBERNED.

O Centro de Investigación Biomédica en Rede sobre Enfermidades Neurodexenerativas naceu en 2006 como herdeiro do Centro de Investigación en Enfermidades Neurolóxicas (CIEN), que xunto co CNIO, CNIC ou CNMVIS, constituían os catro centros cuxa misión é combater os problemas de saúde máis prevalentes da sociedade española: cancro, enfermidades cardiovasculares, enfermidades infecciosas e neurodexeneración.

Publicidade

CIBERNED fundouse baixo os auspicios do Instituto de Salud Carlos III, e a sede da dirección científica sitúase no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa do Centro Superior de investigacións Científicas (CSIC) e a Universidade Autónoma de Madrid.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Living Lab de Vigo pon en marcha o testeo colaborativo de solucións tecnolóxicas para a saúde

O proxecto internacional conta con oito propostas innovadoras en desenvolvemento para tratar pacientes con Alzheimer e demencia

▪️ Un estudo con participación galega atopa proteínas relacionadas co alzhéimer en cetáceos

A investigación determina que a proteína AT100 asociada a doenzas neurodexenerativas indica envellecemento natural e dano neuronal agudo

Así se distribúen os recursos contra a demencia: este é o mapa por concellos en Galicia

A plataforma dixital Demgal permite localizar centros e servizos sociosanitarios en toda a comunidade e facilita a orientación de pacientes e familias

Doutora, non podo ulir: teño párkinson?

Cando o olfacto se desvanece: como se relaciona a perda do sentido do olfacto e a detección temperá do Párkinson