A Unidade de Comunicación Científica da Universitat Rovira i Virgili, en Tarragona, elaborou unha nova ferramenta educativa e de divulgación: Ciencia en 1 minuto. Trátase dunha serie de 12 vídeos que, con ilustracións animadas e en pouco máis de 60 segundos, dan resposta a dúbidas científicas. Investigadores da Universidade asesoraron no contido destas cápsulas audiovisuais, que se difunden a través de YouTube. Desta volta, explican como funciona un dos medicamentos máis utilizados: o ibuprofeno. Esta serie conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












