Xoves 25 Abril 2024

Así son os medidores de CO2 que se esixen aos restaurantes

Estes pequenos trebellos, con prezos que van dos 30 aos 100 euros, advirten cando é necesario ventilar e renovar o aire nun espazo pechado

A Xunta de Galicia esixe dende este venres aos restaurantes contar cun medidor de CO2 para poder servir ceas, previa reserva, ata as 23.00 horas, momento no que entra en vigor o novo horario de confinamento nocturno. Pero, que é un medidor de dióxido de carbono e cal é a súa utilidade?

Manter unha boa calidade de aire é fundamental para evitar a expansión de aerosois do coronavirus en espazos pechados. Por iso os medidores de dióxido de carbono xa se converteron en imprescindibles para garantir que existe unha ventilación axeitada.

Publicidade

As partículas contaminantes que se transportan polo aire son sobre todo CO2 resultado da respiración de persoas. Medindo estes niveis contrólase a transmisión dos aerosois, as partículas que se exhalan ao respirar, toser ou falar, vía de contaxio principal da Covid-19 segundo a Organización Mundial da Saúde.

Un medidor de dióxido de carbono con pantalla e fixo.

Xa antes da pandemia a comunidade científica estudiara a grande importancia de controlar os niveis de CO2 en espazos pechados polo seu factor prexudicial para a saúde. De feito, a propia OMS xa recoñecía a existencia dun chamado “síndrome do edificio enfermo“, definido como o conxunto de enfermidades orixinadas ou estimuladas pola contaminación do aire nestes espazos pechados.​ Agora, coa pandemia do coronavirus, a importancia da ventilación é clave para conter os contaxios de Covid-19.

Recentemente, o Consello Xeral de Enxeñería Técnica Industrial de España comunicou ao Ministerio de Educación e Formación Profesional, que na actual situación era moi importante medir o dióxido de carbono (CO2) nas aulas e analizar a calidade do aire interior nos centros educativos co fin de minimizar a propagación do Covid-19 ao longo de curso e nun futuro. Baleares foi a comunidade pioneira en pedir controis de dióxido de carbono nos sectores da educación e a hostalería.

Agora, estes trebellos fanse obrigatorios tamén en Galicia para os restaurantes que queiran aproveitar o novo horario para servir ceas ata as 23.00 horas.

Os niveis aceptables de dióxido de carbono nun espazo interior estarían entre os 500 ppm e 700 ppm (partes por millón), tendo en conta que no aire exterior é de 400 ppm. Deste xeito, cando o medidor de CO2 marque un valor de 800 ppm ou máis, a ventilación dese espazo pechado sería obrigatoria. En caso de marcar niveis de 1.000 ppm, habería que ventilar de inmediato e ao máximo posible.

Os medidores baséanse na interacción entre gases e radiación infravermella

Os expertos recomendan non facer ‘trampas ao solitario’ con estes trebellos e situalos na parte do restaurante ou da zona pechada que consideremos que pode estar peor ventilada. Deste xeito, cando os niveis se sobrepasen estaremos seguros de que a ventilación é necesaria.

Onde se poden comprar? Pois dende o pasado nadal, os medidores de CO2 subiron de prezo pola forte demanda, tamén para as vivendas particulares. De xeito, o sistema é moi doado: cando se superan as 800 ppm de dióxido de carbono é necesario ventilar a sala. Pero a oferta é aínda enorme e constitúen un aparello pequeno, parecido a un termostato, cunha pantalla onde marca os valores e moi doado de utilizar. Abonda cunha busca en internet para atopar milleiros de ofertas, con prezos en diferentes portais como Amazon que van dos 30 aos 100 euros.

A explicación da tecnoloxía destes trebellos está nos infravermellos (Infravermello Non Dispersivo), un método de detección de gases moi frecuente e consolidado para aqueles que conteñen máis dun tipo de átomo, como é o caso do dióxido de carbono, monóxido de carbono, metano ou o dióxido de xofre. O funcionamento baséase e que cada un destes gases absorbe de xeito diferente a radiación infravermella e o medidor do dispositivo pode detectar a diferenza e, con iso, tamén a concentración de cada gas.

1 comentario

  1. Importante, os medidores teñen que ser de tecnoloxia NDIR, se non no miden ben, os mais baratos non o son, ollo. O precio vai de 70€ a mais de 200.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC propón políticas de transición enerxética para 13 rexións con altas emisións de CO2

O proxecto europeo ENTRANCES, liderado dende a institución coruñesa, estudou 13 zonas europeas en proceso de descarbonización

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias