Sábado 13 Xullo 2024

A vacina da meninxite B volve ás farmacias galegas o 1 de outubro

Fin da polémica pola falta de acceso á vacina contra a meninxite B, aínda que non será barata. Despois de que fose retirada das farmacias, e de que moitas familias acudisen para comprala a Portugal, a Agencia Española de Mendicamentos y Productos Sanitarios vén de incluír a vacina meningocócica do Grupo B como de prescripción en boticas. O resultado é que estará dispoñible nos despachos farmacéuticos a partires do vindeiro 1 de outubro.

Neisseria meningitidis, bacteria que provoca a meninxite.
Neisseria meningitidis, bacteria que provoca a meninxite.

O regreso da vacina ás farmacias forma parte do compromiso adquirido polo Ministerio de Sanidade tras a mediación da Xunta de Galicia, que solicitou que o medicamento volvese ás boticas tras recibir moitas queixas de usuarios. As reivindicacións medraron tras varios casos de meninxite B na comunidade, con dúas vítimas mortais na localidade coruñesa de Arteixo.
Ata agora, só era posible conseguir a vacina en uso hospitalario, administrada só a pacientes en situación de risco, ben por inmunodeficiencias, ben por brotes epidémicos. O custo da vacina nas boticas rondará os 100 euros. A vacina contra o meningococo B consta de tres doses para nenos menores de 18 meses e de dúas doses para os desta idade en adiante.
As autoridades sanitarias españolas non esgrimiron no seu día motivos económicos para retirar a vacina, senón falta de datos do medicamento, que produce a farmacéutica Novartis. Agora, con este cambio de política España únese a Alemaña, Francia, Portugal, República Checa, Italia, Reino Unido, Irlanda, Grecia, Austria, Polonia e Hungría, onde xa se atopa dispoñible, así como en países de fóra da UE como Australia, Canadá e Brasil.

Unha nova vacina

O meningococo é unha bacteria que vive con frecuencia no nariz e a gorxa dunha persoa, sen provocar a enfermidade. Cando se activa pode producir infeccións graves, sobre todo meninxites e sepsis (infección do sangue), e provocar importantes secuelas, incluso a morte da persoa afectada. A infección pódese tratar con antibióticos, pero ás veces o seu avance é tan rápido que os medicamentos non resultan eficaces. A mellor prevención é a vacinación.
Hoxe en día, está moi estendida a vacinación fronte ao meningococo C, incluída nos calendarios de todas as comunidades autónomas españolas e demostrou ser moi eficaz, xa que o número de infeccións diminuíu substancialmente desde a súa introdución no calendario xeral. En España, prácticamente desapareceu a enfermidade por meningococo C na infancia.
A vacina contra o meningococo B é unha novidade a nivel mundial. Desenvolvida pola farmacéutica Novartis, foi aprobada en xaneiro de 2013 pola Axencia Europea do Medicamento e polas autoridades sanitarias dos Estados Unidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O lado escuro dos ‘influencers’: a publicidade de produtos que quere evitar Sanidade

Os galegos Guillermo Carracedo e Sara Seco apoian o novo proxecto de lei, que restrinxirá a promoción de artigos sanitarios nas redes sociais

O Sergas vacinará a 15.000 nenos cunha dose máis eficaz contra a bacteria da meninxite

Sanidade decide incrementar a inmunización dos meniños de dous anos xa vacinados cunha protección catro veces maior

Sanidade ordena a retirada dun coñecido fármaco para a diabetes

A AEMPS comunicou que os motivos se relacionan por un defecto de calidade que “non supón un risco vital para o paciente"

Galicia rexistra 16.000 novos casos de cancro e 8.000 mortes cada ano

A Fundación CRIS reúnese con Sanidade para solicitar unha maior cobertura aos pacientes oncolóxicos que requiren de medicamentos CAR-T