En busca da pegada Galaico-Romana

Galicia atesoura un rico patrimonio arqueolóxico. Dende as mámoas e petroglifos do Neolítico ata as construcións da Idade do Ferro, o país é un ‘confín dos verdes castros’ cargado de historia. GCiencia sae en busca da pegada Galaico-Romana na provincia de Pontevedra, nun especial que recolle entrevistas, reportaxes, galerías fotográficas e completas infografías interactivas para descubrir as rutas do pasado e as paisaxes do presente.
No noso novo microsite “En busca da pegada Galaico-Romana”, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, percorremos 18 xacementos na provincia pontevedresa. De plácidos poboados xunto ao mar, a castros fortificados nos altos cumes. Desde asentamentos comerciais aos dedicados á salgadura de peixe. Do mundo castrexo ao mundo romano. Cada cal dá acubillo a súa propia historia e todos teñen un trazo distintivo que convida a coñecelos todos.
‘Por número de xacementos da Idade do Ferro somos un fenómeno mundial’, explica Rafael Rodríguez, arqueólogo provincial, quen aposta por “converter os castros nun gran atractivo turístico”.

Aquí podes ver o especial ‘En busca da pegada Galaico-Romana’:
En busca da pegada galaico-romana

1 comentario

  1. A Igrxia de. SAN CIDRE, CAMPO LAMEIRO, CREO QUE E PRERROMANICA E A PONTE DO SERRAPIO, OU DR PARADA DE MONTES. NESA ZOA, AI YACIMENTOS PALEOLÍTICO, NAS LAGPAS, E QUERRIA SABER A IGRXIA DE SALCEDA DE CASELAS, BUDIÑO QUE SIGNIFICA NA FACHADA O SIMBOLO, O PARROCO E NOVO E DESCOÑECIA, EU CREO QUE NON E UN SIMBOLO CRISTIAN, NON TEN CRUZ, PODE SER SIMBOLO RURAL PREROMANICO?
    En Campo Lameiro As Lagoas Cicerón unha ruta para visitar as figuras rupestres, creó que funciona un museo virtual, pero as figuras do serpe e de difícil acceso,,, ,

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Os segredos que agocha o xacemento de Armea: 15 anos de escavacións e unha nova casa castrexa

A escola de verán cumpre unha década e media cunha intervención que confirma a presenza de restos arqueolóxicos no Alto dos Fornos

Un proxecto galego analiza dous séculos de presenza humana na Antártida a través de obxectos

A investigación está liderada pola arqueóloga María Ximena Senatore e conta cunha Advanced Grant pola que recibirá case dous millóns e medio de euros durante cinco anos

De campamento neandertal a enterramento: os achados das escavacións en Cova Eirós e Monte Penedo

Os traballos, liderados dende a USC, permiten descubrir restos óseos infantís e adultos e amplían os períodos de ocupación humana das cavidades