Venres 26 Abril 2024

O primeiro telegrama a Mondariz

A vila termal foi pioneira do teléfono e do telégrafo para dar servizo aos seus visitantes ilustres

En agosto de 1929, John Rockefeller III chegaba ao Balneario de Mondariz. Tratábase do herdeiro da maior fortuna do mundo. O seu avó, fundador da dinastía, levantara un imperio sobre o monopolio da petroleira  Standard  Oil. E aínda seguía á fronte da empresa. Á súa morte, en 1937, deixaría unha herdanza de 900.000 millóns de dólares. Para facernos unha idea do dineral, lembremos que o home máis rico do mundo no 2022 é Elon Musk, cun patrimonio estimado en 219.000 millóns de dólares, o que supón menos da cuarta parte do que  amasaba o patriarca John Davison Rockefeller. Nin sequera hoxe os dez máis ricos do mundo xuntos alcanzan aquelas cifras.

O neto Rockefeller chegaba a Mondariz tras concluír os seus estudos na Universidade de  Princeton. Ciencias Económicas con especialidade en Relacións Industriais. Nesta familia non estaban para facer o parvo nas revistas do corazón. A cultura do traballo era para eles unha relixión. Así que a súa viaxe a Europa formaba parte do seu proceso de aprendizaxe. E o noso home quería centrarse nas relacións internacionais. Mondariz brindaríalle unha boa oportunidade.

Publicidade

Porque, cando o magnate chega ao balneario, alóxase alí o ditador Primo de Rivera, xunto ao primeiro ministro portugués Artur Ivens. Compartirá mantel con ambos e mesmo pasarán xuntos unha tarde de touros en Pontevedra. O espectáculo taurino resulta abominable para John  Rockefeller III, que escribe no seu diario: “Todo está contra o touro desde o principio; non podo dicir que me gustase”.

Pero, á marxe da súa vida social, intriga pensar como un tipo con tantas responsabilidades podía apartarse do mundanal ruído nunha pequena vila termal na beira do río  Tea. A resposta está nas telecomunicacións. E o Balneario de Mondariz tiña as máis avanzadas da época, antes mesmo que moitas cidades de Galicia.

O correo estaba dispoñible, mesmo con carácter urxente, para todos os hóspedes. Xa desde 1904 contaba o balneario cunha estafeta propia que funcionaba durante a tempada de augas. Recibía e expedía a correspondencia ordinaria, pero tamén a certificada e os valores declarados ou en metálico.

Ao principio, houbo servizo de Telegrafía na parroquia d  Troncoso, que máis tarde se suprimiu e foi desprazado á praza de Santa Eulalia de Mondariz, a dous quilómetros. Había que pagar unha sobretaxa para recibir os telegramas no hotel. Pagábanse 50 céntimos polo desprazamento, aínda que o carteiro trouxese varios ao mesmo tempo.

Todo cambia en 1914, cando se tende o fío telegráfico directamente ata o Gran Hotel. Desde ese momento, os visitantes quedan comunicados co mundo enteiro. Co que John Rockefeller III non tería maior problema en dar o parte das súas aventuras á súa  puntilloso avó.

Ademais, Mondariz contaba cun servizo especial, contratado con xornalistas de Madrid, para recibir puntualmente as cotizacións de bolsa. Se o magnate permanecese no hotel ata o mes de outubro do mesmo ano 1929, tería recibido alí unha noticia  pavorosa: o xoves negro do crac da bolsa, que daría comezo á Gran Depresión. Sucedeu apenas dous meses despois da súa visita.

Na época de Rockefeller, Mondariz contaba tamén con servizo de teléfonos. Estreado en Vigo en 1886, trinta anos máis tarde, en 1916, a Compañía Peninsular publicaba o primeiro listín telefónico galego, con 2.000 números. Roldando o primeiro cuarto do século  XX, xa operaba a Compañía Telefónica Nacional de España (hoxe ‘Movistar’ como marca comercial). Así que o multimillonario americano puido tamén telefonar, pasando iso si por un complicado servizo de operadoras.

E así é como grandes personalidades podían fuxir do  mundanal ruído e refuxiarse en Mondariz. Porque a pequena vila  balnearia, allea ao atraso histórico de Galicia, estivo sempre á última en telecomunicacións.

2 COMENTÁRIOS

  1. Como es posible que nadie tuviese ese “pastizal” : 900.000 millones de dólares? de verdad ? había tanta pasta, en todo el mundo, en 1929 ? Increíble. Si la cantidad es correcta, que se supone, aunque sea aproximada, es incluso aberrante. Por cierto, escribo esto desde Mondariz . Esta mañana pasé delante del edificio cuya foto , antigua, sale en el artículo. Hoy en día, el edificio son apartamentos, la mayor parte de ellos, vacíos. Si estuviese un heredero de Rockefeller, compraría el edificio entero. Supongo que algo les quedará a los Rockefeller, de tanta pasta de hace un siglo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Catarreira, friaxe, peleira… As 12 palabras galegas para referirse ao arrefriado

O proxecto ALGa do Instituto da Lingua Galega permite coñecer as variantes léxicas deste estado patolóxico

Detectado o virus de Crimea-Congo en carrachas do Bierzo: “Probablemente xa estea en Galicia”

Os expertos advirten que a enfermidade hemorráxica parece estar propagándose polo noroeste peninsular e urxen medidas para freala

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses