Revive a polémica cos topónimos. O pasado xuño de 2018, a Real Academia Española recomendaba nun tuit usar o topónimo castelán ‘Sanjenjo‘ (cando en realidade sería ‘Sangenjo’). E agora o Instituto Cervantes presenta o seu novo libro “Las 100 dudas más frecuentes del español”, en el que recomienda utilizar los topónimos de Galicia castelanizados.
Un dos apartados da obra resposta a seguinte pregunta: “Hai que dicir ‘Vou de viaxe a Lleida ou a Lérida‘?” E responde que a segunda é a indicada “porque o resto da frase está en castelán. Moitos lugares de zonas bilingües teñen dúas formas (Ourense, Orense…)” e a elección do topónimo “virá determinada pola lingua que se estea utilizando”.
Os propios autores da obra, presentada hoxe polo Instituto Cervantes, recoñecen que, dende 1992, o Senado aprobou por exemplo que a denominación oficial fose Lleida. Pero decontado afirman que “se unha das dúas denominacións está asentada, é a que pensamos que se debe usar”, sinalou unha das autoras do libro, a filóloga Luna Paredes. “En todo caso, non somos taxativos en xeral, por iso indicamos que hai unhas opcións preferibles a outras”.
Segundo esta nova obra do Instituto Cervantes, deben ser empregados os topónimos castelanizados de Galícia, e dicir por exemplo Sangenjo, Puenteareas, Rianjo, La Coruña, Carballino ou Vivero.
Dende 1983, está regulado en Galicia pola Lei de Normalización Lingüística que os topónimos “terán como única forma oficial a galega”. Deste xeito, non se poden empregar topónimos castelanizados nas administracións públicas, por exemplo.
Esta nova polémica chega despois da desatada en xuño de 2018, cando a Real Academia Española publicou o seguinte tuit: “Fóra de usos oficiais, en español recoméndase usar a forma tradicional española do topónimo, que é Sanjenjo”. Este comentario provocou reaccións da Real Academia Galega e de escritores como Francisco Castro, Xosé Luis Méndez Ferrín ou Ledicia Costas. E unha ampla repercusión en Galicia.
Pero daquela a RAE xustificou o uso de ” Sangenjo” a través de tuits con fragmentos da obra de Emilia Pardo Bazán (1851-1921) que inclúen “Sangenjo” pero tamén “Orense” ou “Rianjo”. “A grafía tradicional en lingua castelá é Rianjo, que conta con documentación nos nosos bancos de datos polo menos desde finais do século XVI”, escribiu daquela a RAE.
O problema nom é só coas denominaçons assentadas, o problema é que despois viram tolos nomes que lhes semelha. Dizer Lérida e nom Lleida é como dizer Londres e nom London, de acordo, é defensável. Mas nom pode defender-se nomes como Rianjo ou como todas as Villanueva.
outra vaca no millo
non hai que enganarse, esto chámase ignorancia
e como colan estas cousas pois inventan outras
aínda lembro a wikipedia en español dicindo que nos anos sesenta A Capela se chamaba La Capilla
e a Barallobre lle cambiaron o topónimo porque o poñía nun blog ferroviario