Fotografías inéditas de Ruth Matilda Anderson amosan a súa viaxe por Galicia

A Hispanic Society of America vén de publicar as imaxes nunca antes vistas que tomou a fotógrafa nas súas dúas expedicións para retratar o pobo galego

En agosto de 1924, Ruth Matilda Anderson desembarcou no porto de Vigo xunto ao seu pai. Viña por petición da Hispanic Society of America (HSA) cun obxectivo claro: retratar a España rural para difundir nos Estados Unidos a arte e a cultura hispanas. No ano, 1939 a fotógrafa e tradutora estadounidense publicou a súa primeira monografía: Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña, para a institución cultural. Agora, máis dun século despois, esa mesma organización, que fora fundada en 1904, vén de publicar as imaxes inéditas que Anderson tomou nas súas estancias en Galicia entre 1924 e 1936. As pezas están dixitalizadas e son accesibles a través do portal da HSA.

A mirada de Anderson percorreu feiras, portos, montañas, aldeas e cidades coa intención de inmortalizar coa súa cámara a esencia de Galicia e o seu pobo, de captar co seu ollar sensible as costumes e matices da vida diaria que conforman a identidade dunha poboación. Era unha Galicia marcada pola emigración, pero tamén pola tradición e a defensa da cultura propia, unha Galicia vista, ademais, poñendo o foco nas mulleres do rural.

Publicidade

A dixitalización do traballo de Ruth Matilda Anderson

A colección dixital foi producida tomando como base os negativos orixinais preservados no Museo e Biblioteca da HSA, onde, tempo atrás, a propia Ruth Matilda Anderson traballou como conservadora de fotografías. O material, como indican dende a Hispanic Society of America, “consiste principalmente de película de nitrato, xunto un menor número de negativos sobre placas de vidro”.

A serie recolle 3.878 imaxes de España, das cales 977 foron tomadas en Galicia. As zonas máis fotografadas por Anderson nesta colección foron Santiago (con 80 pezas), Padrón (30), Marín (25), Vilagarcía (24) e Noia (23). Das demais localidades retratadas (entre as que se atopan Vigo, Baiona, Celanova, Lugo, Viveiro ou Ourense, entre moitas outras) hai menos de 20 fotografías recollidas na colección.

Publicidade

Cada imaxe está identificada polo ‘Número de Anderson’ (Anderson number), un marcador dado pola fotógrafa que amosa a sequencia cronolóxica na que se tomaron. A continuación preséntanse 20 das fotografías que tomou nos seus primeiros tres meses en Galicia.

  • Mozas vendendo coellos no mercado. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Mozas levando palla ao mercado. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Xefe dos camioneiros cun abrigo decorado. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Rapaces vendedores de galletas transportadas en latas de 'Bombo'. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Peregrino de Valladolid. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Neno suxeitando unha capa para a choiva feita de palla. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Muller levando porcos á Feira do Gando. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Homes nun café coa Aduana ao fondo. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Carruaxe vella. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Muller regateando por un prato no mercado. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Vendedor de pasteis no mercado preto da colexiata. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Vendedoras de peixe. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Un home e unha muller guían carros de bois que transportan redes de pesca. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Trío de músicos nas festas de San Roque. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Traxe dun gaiteiro. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Taberna nalgún lugar entre Guimarei e Tui. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Muller Pequena. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Muller cunha cesta na cabeza. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Mozos da asociación 'El pósito de Pescadores y Marineros'. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America
  • Moza levando palla. Imaxe: Ruth Matilda Anderson, a través da Hispanic Society of America

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ruth Matilda Anderson: tradutora e cómplice da muller galega a través de Rosalía

A investigadora Alba Rodríguez Saavedra analiza como a autora estadounidense se achegou ao país e o explicou mediante os versos da poeta

O documental coas fotos de Galicia de Ruth Matilda Anderson

A Asociación cultural Dous Punto Oito estrea na rede este traballo, que segue os pasos da fotógrafa estadounidense en 1924 e 1926

As 50 fotos de Ruth Matilda en Galicia que non coñecías

O libro publicado en 1939 pola Hispanic Society recolle centos de imaxes da viaxe que a autora realizou entre agosto e novembro por Pontevedra e A Coruña

As fotos descoñecidas de Ruth Matilda en Galicia

A fotógrafa estadounidense incluíu as imaxes nun libro de 1939, unha profunda análise antropolóxica e etnográfica do país da que só se tirou unha edición