Volven os traballos de escavación no poboamento humano máis antigo de Galicia

O pasado luns 11 de xuño comezaron de novo as escavacións no xacemento de Porto Maior, nas Neves, onde o ano pasado se confirmou a presenza de homínidos nunha etapa comprendida entre 300.000 e 200.000 anos. No traballo participan investigadores das universidades do Minho, Lisboa, Porto e Adelaida (Australia), ademais do Australian Research Centre for Human Evolution (ARCHE) e o Cento Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH).

Nesta campaña de escavacións afondarase nas particularidades do xacemento, o que permitirá coñecer mellor os niveis de ocupación humana identificados no lugar. Do mesmo xeito, coa ampliación da superficie estudada intentarase explicar a funcionalidade da principal acumulación de ferramentas no xacemento.

Publicidade

As ferramentas atopadas no xacemento son as de maiores dimensións de Europa

Porto Maior localizouse de forma casual no 2005, durante uns traballos de extracción de terras que deixaron á vista unha sección dos depósitos xeolóxicos. Despois dunhas actuacións preventivas, entre 2012 e 2014 retomáronse as tarefas de campo, co actual equipo de investigación á fronte das escavacións. Hai uns meses, un artigo publicado en Scientific Reports afondou na importancia do lugar.

Con estes estudos púxose de manifesto a presenza de múltiples niveis de ocupación de cronoloxía paleolítica, todos eles de tecnoloxía achelense (cultura do Paleolítico antigo europeo). Entre estes niveis destaca o PM-4, no que se identificou unha “espectacular acumulación de ferramentas de pedra”, segundo Eduardo Méndez Quintas, investigador do CENIEH que participa no traballo, no que é “o primeiro caso coñecido en todo o continente europeo”.

Publicidade

As ferramentas destacan polas súas “extraordinarias dimensións”, con medidas superiores aos 18 centímetros, con máximos de 27 cm e 2 quilos de peso, cando o habitual é que non superen os 15 cm. Con este tamaño, son “os de maiores dimensións coñecidos en todo o continente Europeo e uns dos máis grandes a escala mundial”.

Escavacións realizadas no estudo no río Miño.
Escavacións realizadas no estudo no río Miño.

Os traballos de datación confirmaron, segundo sinalou Eduardo Méndez na súa tese de doutoramento, que a ocupación se desenvolveu entre os 300.000 e 200.000 anos de antigüidade. Era, por tanto, o lugar cos restos máis antigos coñecido en Galicia. “Isto vén desmontar a idea, comunmente admitida, de que a primeira ocupación humana desta rexión realizouse en tempos moi recentes, en relación ao sucedido noutras rexións españolas. Non se coñece a día de hoxe xacemento de cronoloxía semellante en ningún outro punto de Galicia e confírmase de maneira incuestionable a presenza humana na rexión en cronoloxías moi antigas”, explica Méndez Quintas.

Durante os traballos, en colaboración co Concello das Neves, vaise poñer en marcha un programa de actividades didácticas, que contempla un programa de visitas guiadas ás escavacións e charlas para dar a coñecer entre a veciñanza do municipio e do público xeral a importancia do xacemento.

1 comentario

  1. En los años 50 del pasado siglo, jugabamos, en lo que llamábamos playa de Portomayor, con cantos rodados de dimensiones grandes, hasto 25 cm. Yo no vivo en la zona desde los 60 pero tengo familia y buenos amigos que viven en la zona.
    Bajando al río a mano izquierda había un lavadero y a la derecha una excavación de la que extraían un tipo de tierra ocre que usaban para solería a la que llamaban “salón”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CSIC localiza na provincia da Coruña 180 posibles sitios arqueolóxicos

Grazas ás tarefas do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), estes achados serán incluídos eventualmente no inventario arqueolóxico de Galicia

A Illa de Tambo, un tesouro arqueolóxico por descubrir: “Os achados apuntan a un complexo ermitán”

A Xunta deu permiso para desbrozar en San Fagundo, o punto máis alto de toda a illa. De momento atopáronse unha capela e restos do que podería ter sido outro inmoble

Arqueoloxía explicada a un científico e público interesado

O investigador Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do...

Un estudo da UVigo atopa en Etiopía os restos de Homo erectus máis antigos do mundo

Sitúan por primeira vez a aparición destes homínidos e da tecnoloxía achelense hai dous millóns de anos