Atopan en Lugo unha estatua togada de posible orixe romana

O achado realizouse na zona da rúa da Xesta onde se atopou unha necrópole latina con cinco tumbas no mes de xaneiro

Unha estatua romana de corpo enteiro é o achado que revoluciona a arqueoloxía da cidade de Lugo. O descubrimento chegou durante a obra que a promotora D’manán está a realizar na rúa da Xesta, e na que xa atopou o pasado xaneiro unha necrópole romana con cinco tumbas da época latina. Esta coincidencia fai sospeitar que a escultura poida ser a primeira de corpo enteiro que aparece en na cidade das murallas.

A estatua representa a unha persoa vestida cunhas ropaxes nobres, que semella un togado. Aínda non se atopou a cabeza. Agora, a figura queda en mans dos arqueólogos para que poidan confirmar o descubrimento, que sería moi importante xa que non hai no noroeste exemplos completos deste tipo de obras. Tamén podería ser datada na época medieval, aínda que a súa aparición na necrópole latina é unha pista importante que leva a sospeitar a súa orixe romana.

Publicidade

As obras de construción dun novo edificio na rúa da Xesta, entre o Camiño Real, a Ronda da Muralla e a zona de Casas Baratas, seguen a deixar grandes novas arqueolóxicas sobre a antiga Lucus Augusti. O achado das tumbas, e agora desta escultura, confirmarían as teorías arqueolóxicas que sinalan que nesta zona existía unha gran necrópole no pasado.

Polo de agora, se teñen atopado cinco tumbas datadas entre os séculos III e IV. A necrópole, próxima á vía Ártabra, coincide co costume da época de situar os cemiterios na zona exterior das cidades. Como adoita acontecer sempre en Galicia, non existen restos humanos conservados, por mor da humidade e acidez da terra, que impide a conservación dos ósos. Si se atoparon cravos da madeira dos cadaleitos, lousas e tellas.

Publicidade

Agora, a estatua togada atopada esperta novas especulacións e pode supoñer un fito para a arqueoloxía da vella Lucus Augusti.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha intervención arqueolóxica na Illa de Ons revela novos restos castrexos

O descubrimento produciuse fóra da muralla do castro do Castelo dos Mouros, onde ata agora só se atoparan elementos romanos

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Os segredos que agocha o xacemento de Armea: 15 anos de escavacións e unha nova casa castrexa

A escola de verán cumpre unha década e media cunha intervención que confirma a presenza de restos arqueolóxicos no Alto dos Fornos

Un proxecto galego analiza dous séculos de presenza humana na Antártida a través de obxectos

A investigación está liderada pola arqueóloga María Ximena Senatore e conta cunha Advanced Grant pola que recibirá case dous millóns e medio de euros durante cinco anos