Así chegou a torre de Hércules a un cemiterio de Tampa (Florida)

O emigrante coruñés Adalberto Ramírez fixo construír esta réplica da torre milenaria como o seu mausoleo no século XIX

Unha torre de Hércules en miniatura nun cemiterio de Tampa (Florida), nos Estados Unidos. Unha curiosidade que leva consigo a historia da morriña dun emigrante galego, o coruñés Adalberto Ramírez, que erixiu un pequeno panteón de homenaxe para a súa tumba, incluíndo o emblemático símbolo da súa cidade.

Entrada ao Cemiterio de Tampa onde se atopa a torre de Hércules.

Ramírez emigrara primeiro a Cuba, pero decidiu trasladarse máis tarde a Tampa, onde abriu unha próspera fábrica de puros en 1888. Tamén chegou a ser o presidente do Centro Español e concelleiro daquela cidade do golfo de Florida.

Publicidade

A torre de Hércules de Adalberto Ramírez.

Nos seus últimos anos, mandou construir esta réplica da torre de Hércules xunto ao lugar onde esperaba ser soterrado no Old Tampa Cemetery. Gravado na pedra está o seu epitafio, escrito por el mesmo: “Torre de Hércules, luminar gigante/ que guía en su ruta al navegante/ símbolo seas de la patria ausente/ duerman por ti cobijados dulcemente”.

Sen entrar na calidade literaria da composición, o certo é que expresa un sentido acto de morriña. E alí está soterrado, como recordaba o xornal The Tampa Bay Times cando fixeron no 2017 unha reportaxe sobre o cemiterio, co gallo da súa rehabilitación.

Publicidade

A nova da torre de Hércules en El Ideal Gallego en 1907.

No ano 1907, o xornal El Ideal Gallego deu conta dun novo enterro xunto á escultura da torre de Hércules. Xunto á foto, explicaba: “Orixinal mausoleo erguido por don Adalberto Ramírez López en Tampa (Estados Unidos) para recibir os restos mortais da súa esposa. É unha reproducción exacta da torre de Hércules”. Agás o tamaño, a obra pretende ser exacta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla