A USC súmase á candidatura do Concello de Santiago ao proxecto Urban Innovative Actions

A USC participa no proxecto PLECOCITYS, PLAN(ET) ECOCITY SANTIAGO, co que o Concello de Santiago se presenta á segunda convocatoria europea Urban Innovative Actions, dentro da temática Economía Circular. O proxecto  busca iniciar unha transición cara os principios da economía circular “ enfrontando un dos maiores desafíos das cidades contemporáneas, a xestión de residuos, achegando propostas de solucións innovadoras nos seus principais puntos febles: a gran porcentaxe de residuos orgánicos desaproveitados, a reutilización de produtos electrónicos e a busca dunha participación activa da cidadanía”.

Con esta iniciativa o Concello compostelá pretende primar un uso máis eficiente dos recursos, a ampliación da vida útil dos obxectos producidos e o tránsito cara unha economía de usuarios e non de consumidores. No desenvolvemento do proxectos, a USC achega a experiencia dun total de catro grupos de investigación: o de Agronomía da Escola Politécnica Superior de Lugo; de Produción, calidade e tecnoloxía do leite e outros alimentos do Instituto de Investigación e Análise Alimentaria; de Economía ecolóxica e dos recursos naturais (Bioeconomía); e o de Pedagoxía Social e Educación Ambiental do departamento de Pedagoxía e Didáctica (SEPA).

Publicidade

A participación nesta candidatura quedou formalizada este martes coa sinatura dunha carta de compromiso subscrita polo alcalde Martiño Noriega e a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía