As universidades da Coruña e de Gavar en Armenia selan acordos de intercambio

O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, recibiu esta mañá ao vicerreitor de Relacións Internacionais de Gavar State University, Armenia, Arsen Aproyan, e á profesora Siranush Khachatryan, que visitan a Universidade da Coruña para buscar novas oportunidades de mobilidade internacional entre os estudantes e o persoal de ambas as dúas entidades.

A UDC e Gavar State University teñen xa un convenio de dobre titulación co Mestrado en Ciencias, Tecnoloxía e Xestión Medioambiental, que o curso pasado contou cun alumno armenio. Actualmente, a UDC acolle a catro alumnos desa universidade cursando un semestre, tres deles en Dereito e un en Economía.

Publicidade

A profesora Khachatryan impartirá docencia durante esta semana nas Facultades de Socioloxía e Filoloxía, mentres que o vicerreitor Aproyan manterá diversas reunións con distintos profesores, tanto na Facultade de Dereito como na Facultade de Ciencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático

Selo galego no deseño de novos polímeros máis eficientes para a enerxía solar

Unha investigación internacional liderada desde a UDC afonda no coñecemento sobre os materiais de nova xeración para paneis fotovoltaicos

Galicia, o lugar onde un océano se pechou

O territorio galego é testemuña de millóns de anos de movementos tectónicos que deron lugar ás formacións xeolóxicas actuais