Premio Hispasat para un proxecto de fin de carreira de Telecomunicacións da UVigo

“O broche de ouro a sete anos de carreira”. Anxo Tato Arias, estudante de doutoramento da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, é un dos gañadores da XXXVI Edición dos Premios aos Mellores Proxectos de Fin de Carreira, Traballos de Fin de Máster, Teses de Doutoramento e Traxectorias Académicas en Enxeñaría de Telecomunicación outorgados polo Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación. Gañou na categoría Premio Hispasat ao Mellor proxecto fin de carreira en novas tecnoloxías para satélites de comunicacións e o vindeiro día 24 recollerá o galardón nunha cerimonia que se celebrará no Instituto de la Ingeniería de España.

“Para min o máis importante é a satisfacción de que valoren tan positivamente o meu traballo e poder poñer no currículo este premio”, subliña o mozo investigador, contratado polo centro de investigación AtlantTIC da Universidade de Vigo no marco do proxecto de I+D Táctica. Satisfeito e ilusionado, ten tamén palabras de agradecemento para o director do proxecto, o catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Carlos Mosquera, “o premio é tamén un recoñecemento ao seu bo facer”. Entregaranlles cadanseu diploma acreditativo e, a maiores, o autor do proxecto recibirá unha gratificación en metálico de 1000 euros.

Publicidade

Máis información no seguinte enlace:

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11459&Itemid=61

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

atlanTTic celebra 15 anos impulsando o estudo das telecomunicacións dende Galicia

O encontro pon en valor avances en áreas como a comunicación 6G, a intelixencia artificial ou a ciberseguridade, así como a crecente colaboración co tecido produtivo

Un equipo galego demostra os efectos negativos do eucalipto nos ecosistemas fluviais

O estudo da UVigo constata que a diversidade de especies nos regatos diminúe naqueles lugares rodeados das árbores oriúndas de Australia

Ter un peso adecuado pode ser máis importante que facer exercicio para evitar o risco de cancro

Un estudo da UVigo apunta a que a actividade física sería insuficiente para contrarrestar os efectos negativos de ter sobrepeso ou obesidade

O investigador Jordi Borràs gaña o Premio atlanTTic á mellor tese de doutoramento

O experto da Universitat Politècnica de Catalunya propón un esquema innovador para reducir as interferencias nas comunicacións sen fíos