Un estudo da UVigo afirma que Ence xera 5.100 empregos e 3 millóns de xornais

Un estudo da UVigo afirma que Ence xera 5.100 empregos e 3 millóns de xornais

A demanda internacional de celulosa procedente de cultivos forestais galegos xera o 30% dos empregos do sector forestal da comunidade autónoma. Así o establece o ‘Informe sobre a contribución da fábrica de Ence en Pontevedra ao desenvolvemento social, económico e ambiental de Galicia’. Este estudo, realizado seguindo a metodoloxía input-output do Instituto Galego de Estatística (IGE) sitúa en 5.100 o número de empregos directos, indirectos e inducidos xerados por Ence en Galicia. Máis de 4.000 destes empregos están relacionados coa actividade forestal. Un total de 800 postos de traballo xéranse na bisbarra de Pontevedra e están asociados ao proceso de transformación da madeira.

A Asociación Forestal da Mariña asina con Ence a creación dun coto redondo

Ademais, un estudo realizado por investigadores da Universidade de Vigo ao abeiro da Cátedra Ence e que será presentado nos próximos días determina que a madeira cultivada en Galicia para satisfacer o consumo de Ence nun só ano require investimentos de preto de 24 millóns de euros no monte. Tendo en conta o custo de produción medio, dedúcese que a subministración sostida de madeira galega a Ence fai necesarios máis de 3 millóns de xornais nos montes de Galicia.
Por outra banda Ence e a Asociación Forestal da Mariña veñen de asinar un acordo para a creación dun coto redondo con 4.000 toneladas de madeira, que permitirá as explotacións forestais agruparse para obter primas pola venda da súa produción. De feito, a iniciativa do coto redondo supón un mellor aproveitamento do monde, en contraste co minifundismo tradicional en Galicia. O acordo permitirá aos produtores cobrar unha prima de 3,5 euros por tonelada de madeira vendida.
Podes ler máis sobre a nova no seguinte enlace:

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Viaxar no tempo

As últimas escavacións en Santa Clara sacan á luz un tesouro arqueolóxico. Por Laura Filloy