A tese de Yolanda Bouzas analiza as novas técnicas dos viticultores contra o cambio climático

Nos últimos anos o cambio climático e as novas tendencias do mercado están obrigando aos viticultores a empregar técnicas de cultivo que, por unha banda, mitiguen os efectos negativos do primeiro e, por outra, sexan respectuosas co medio ambiente, explica a investigadora e autora da tese, Yolanda Bouzas.

Entre estas técnicas atópanse os diferentes tipos de rega e o mantemento do chan con cubertas vexetais, sinala. Tendo en conta estas circunstancias e o feito de que “non se coñece como estas técnicas de cultivo poden afectar á composición de mostos e viños”, a xa doutora analizou na súa tese de doutoramento a influencia do regadío e do tipo de cuberta vexetal do chan sobre a composición en aminoácidos das uvas e os compostos volátiles de viños nas denominacións de orixe galega. As conclusións apuntan a que ningunha das dúas prácticas teñen un efecto significativo nos seus parámetros, sendo as condicións climáticas as que si o teñen.

Publicidade

Estudaron tres uvas brancas: albariño, godello e treixadura; e a tinta mencía

Na investigación estudáronse tres variedades brancas, como son albariño, godello e treixadura; e unha tinta, mencía. Os diferentes ensaios leváronse a cabo nas tres denominacións de orixe galegas, Ribeiro, Rías Baixas e Valdeorras. Na primeira delas, os ensaios de rega e cubertas vexetais leváronse a cabo na finca experimental da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia mentres que nas outras dúas zonas tiveron lugar en viñedos particulares.

O experimento de rega consistiu en probar os efectos de diferentes tratamentos, como o control en secaño, rega por goteo aéreo e goteo subsuperficial. Igualmente, no caso das cubertas establecéronse diferentes tratamentos, como control en laboreo e mantemento de solo con cubertas vexetais permanentes (espontánea, raigrás e trevo).

Publicidade

En todos os ensaios determináronse os parámetros xerais de mostos e de viños, os parámetros de cor dos viños e o perfil de aminoácidos das variedades estudadas. “Estes compostos xogan un papel fundamental durante a fermentación alcólica xa que serven de fonte de alimento para os lévedos, ademais de modificar as características organolépticas do produto final”, apunta Yolanda Bouzas. No que respecta a esta composición, entre as conclusións extraídas están que “o aminoácido maioritario e común a todas as variedades estudadas foi a arxinina”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro

Novembro para descubrir, rir e namorar da ciencia en galego

A UVigo conmemora o Día da Ciencia en Galego cun programa de actividades que durará todo o mes

O poder oculto das raíces da alfábega

O proxecto AGRI-RESVAL, no que participan a UVigo, Néboda Farms e FEUGA, investiga o potencial dos residuos da agricultura para atrasar a oxidación dos conxelados

Como protexer os peixes fronte aos contaminantes dos pensos acuícolas? Así o estudan dende a UVigo

O proxecto Toxi-Feed analiza os efectos na troita arco da vella e avalía solucións baseadas en aminoácidos para preservar o seu benestar e mellorar a produción