Sete problemas a resolver na XVIII Olimpíada Iberoamericana de Matemática Universitaria

Sete problemas a resolver na XVIII Olimpíada Iberoamericana de Matemática Universitaria

Unha decena de estudantes da USC participan este sábado 7 nas probas da XVIII Olimpíada Iberoamericana de Matemática Universitaria que se desenvolverán na facultade de Matemáticas a partir das 10.00 horas. O certame xa vai pola cuarta edición, “en sintonía coa doce etapa que están a vivir as matemáticas, en particular, e as ciencias, en xeral, na USC”, explica o profesor Felipe Gago.
A OIMU está coordinada polo Centro de Investigación Matemática (CIMAT) de Guanajuato, México, e a convocatoria en España corre a cargo da Real Sociedade Matemática Española. Na USC, a Facultade de Matemáticas é a encargada da organización. A participación está aberta a todo o alumnado da USC, coa única condición de non contar con ningún titulo universitario.  As probas desenvolveranse ao longo de catro horas, nas que traballarán en sete problemas de dificultade variable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía