Santiago acolle unhas xornadas sobre nacións sen estado en Europa

O Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, reunirá o vindeiro martes 19 a numerosos especialistas que discutirán as posibilidades de solucións constitucionais, territoriais e transfronteirizas para os países e rexións en Europa sen estado e poder facer fronte así aos retos internos e externos nun contexto político cambiante.

A xornada ‘ Nacións sen estado en Europa: Novos retos, novas oportunidades’, que o día anterior se celebrará na Universidade portuguesa do Minho, está organizada polo Centro Mauritus Coppieters e conta con financiamento do Parlamento Europeo. Colaboran ademais as Universidades de Santiago e Minho, o Centro de Investigación en Ciencias Políticas, Fundación para Ciencia e Tecnoloxía (CICP) e o grupo ANTE de investigación de Análise territorial).

Publicidade

Na sesión en Santiago participarán, entre outros, distintas personalidades e especialistas da Association of European Border Regions, do Von Hugel Institute da Universidade de Cambridge, do European Institute of Identities da Swansea University, da Bartlett School of Planning da Universidade College de Londres ou dos Gobernos vasco, aragonés e catalán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía