Presentación da quinta edición de Xuvenciencia

Este verán, do 2 ao 8 de xullo,  o campus Terra da USC acollerá a quinta edición de Xuvenciencia, un programa organizado e promovido polo profesorado da sede universitaria luguesa en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación. A iniciativa pretende achegar ao estudantado preuniversitario a realidade do campus, a oferta de estudos, os servizos e as investigacións desenvolvidas nel.

A Vicerreitoría de Coordinación de Lugo acolle este xoves, ás 11.30 horas, a presentación desta nova edición. Estarán presentes o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; representantes de Deputación e Concello de Lugo, Carlota López, en representación da empresa patrocinadora Aresa, xunto á profesora da USC e coordinadora do campus de verán Xuvenciencia, Mercedes Novo Rodríguez,

Publicidade

O prazo de inscrición no programa, para o que se ofrecen 135 prazas, ábrese este venres 28 de abril ás 16:00 horas e péchase o 8 de maio, ás 24:00 horas. O fomento da convivencia constitúe un dos principais valores que se pretende impulsar dende o Campus e por iso nesta edición óptase por ofertar un maior número de prazas con aloxamento.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS