Premio para Estefanía Paredes pola súa tese sobre criopreservación de larvas de ourizo de mar

Premio para Estefanía Paredes pola súa tese sobre criopreservación de larvas de ourizo de mar

Máis de 200 teses de doutoramento competían polos Premios á Investigación da Real Academia de Doctores de España 2015. Pero só 13 investigadores de todo o Estado foron os distinguidos por estes galardóns e, entre eles, unha científica da Universidade de Vigo, Estefanía Paredes, única seleccionada das universidades galegas. A tese de Paredes, dirixida por Juan Bellas e baixo a titoría de Ricardo Beiras, realizouse no laboratorio de Ecoloxía Costeira da Universidade, que leva dende 2008 traballando no desenvolvemento dunha metodoloxía para conxelar embrións e larvas de catro especies de invertebrados mariños: ourizo de mar, ostras e dous tipos de mexillóns.
Na convocatoria de 2015 destes Premios á Investigación presentáronse máis de 200 traballos. O premio que rexistrou o maior número de aspirantes é o das Ciencias da Vida e da Saúde, con 78 teses. No caso de Estefanía Paredes, que recibiu o da categoría de Ciencias Experimentais e Tecnolóxicas, impúxose entre 42 candidatos, o segundo máis concorrido. Paredes amósase moi satisfeita pola obtención deste galardón, que se une ao Premio Extraordinario de Doutoramento que lle outorgou a Universidade de Vigo o pasado ano. Recoñece que a concesión destes dous premios “significa un recoñecemento ás moitas horas que demanda un traballo doutoral” e subliña sobre todo o esforzo que require “unha investigación innovadora como a nosa, na que partimos dende cero”.
Máis información no seguinte enlace:

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.