Premio internacional para a enxeñeira Andrea Hevia

A Unión Internacional de Organizacións de Investigación Forestal recoñeceu a súa tese, que estuda o efecto das podas nas masas de piñeiros

A enxeñeira de Montes egresada da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do campus de Lugo da USC Andrea Hevia Cabal vén de resultar galardoada na última convocatoria de premios da Unión Internacional de Organizacións de Investigación Forestal (Iufro) á investigación de doutoramento máis sobresaínte pola tese doutoral desenvolvida baixo o título ‘ Influencia da poda no desenvolvemento de masas de Pinus radiata. D. Don e Pinus pinaster Aiton en Asturias’ e dirixida polo catedrático do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC na EPS de Enxeñaría de Lugo Juan Gabriel Álvarez e polo director do Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira (Cetemas) de Asturias, Juan P. Majada Guijo.

A tese de doutoramento presentada pola doutora Hevia Cabal en marzo de 2013 desenvolveuse no seo do grupo de investigación da USC Unidade de Xestión Forestal Sostible (Uxfs) en colaboración co Servizo de Rexional de Investigación e Desenvolvemento Agroalimentario do Principado de Asturias (Serida), o Servizo de Montes (Consellería de Desenvolvemento Rural e Recursos Naturais) do Principado e o tamén asturiano Instituto de Desenvolvemento Rural (IDR).

Publicidade

A investigadora galardoada na última convocatoria dos Premios Iufro, unha asociación internacional de organismos dedicados á investigación en temas forestais que recoñece teses de doutoramento destacadas, recibirá esta distinción no marco da celebración do XXV Iufro World Congress, un evento que se desenvolverá na localidade brasileira de Curitiva do 29 de setembro ao 5 de outubro de 2019.

Andrea Hevia, que na actualidade se atopa traballando na Universidad de Huelva, resultou gañadora dun dos nove premios concedidos na última convocatoria dos Premios Iufro, á que concorreron 23 nominacións chegadas de todo o mundo, logo de que o tribunal avaliador fixera un recoñecemento “aos significativos logros científicos que achega a súa tese de doutoramento dentro do campo da monitorización, a ordenación e a modelización forestal”.

Publicidade

O premio Iufro, que non conta con dotación en metálico específica, agás os custes de desprazamento para participar no congreso forestal mundial, consiste nunha medalla e un diploma acreditativo de tal recoñecemento. Daquela, o obxectivo deste galardón é o de animar ás persoas distinguidas a proseguir na investigación no seu tema de traballo e a participar en IUFRO activamente liderando grupos o actividades de investigación.

Esta enxeñeira de Montes formada na EPS de Enxeñaría do campus de Lugo recollerá o galardón nunha sección especial que se desenvolverá na próxima edición do Iufro World Congress, na que cada unha das persoas galardoadas deberá facer un presentación curta, cunha duración aproximada de cinco minutos, da súa investigación de doutoramento e dos resultados máis salientables. O libro de resumos do citado foro científico tamén incluirá un resumo das teses de dutoramentos de cada un dos premiados.

A distinción acada por Andrea Hevia coa súa tese de doutoramento dá continuidade ao papel de protagonista que ten acadado o grupo de investigación Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS) da USC nos congresos de Iufro, un consorcio internacional que xa no seu congreso mundial de 2014, celebrado en Salt Lake City, premiou a tese de doutoramento desenvolvida por César Pérez Cruzado na EPS de Enxeñaría de Lugo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias

Do residuo ao tratamento: ingredientes contra doenzas animais a partir do bagazo de uva Albariño

Un proxecto europeo coordinado pola USC transforma 20 toneladas de residuos do viño en máis de 15.000 litros de extractos en diferentes formulacións

Identificados no noroeste peninsular 14 lagares de cera excepcionais en Europa

Un estudo da USC analiza a distribución de construcións tradicionais para aproveitar os produtos apícolas e das que apenas existen exemplos conservados no continente

A árnica mostra unha elevada diferenciación na península ibérica fronte ás poboacións europeas

Un equipo da USC revela as singularidades da planta medicinal e advirte da súa delicada situación polo seu uso continuado en farmacia e cosmética