Premio da Sociedade Europea de Biomateriais para unha investigación do grupo I+D Farma

Premiada unha investigación do grupo I+D Farma pola Sociedade Europea de Biomateriais

 

Unha tese desenvolvida dentro go grupo de investigación I+D Farma da Universidade de Santiago acaba de ser galardoada no European Doctoral Award que concede a Sociedade Europea de Biomateriais. Do traballo recoñecido é autora Ana Puga Giménez de Azcárate, baixo a dirección da profesora Carmen Álvarez Lorenzo e do profesor Ángel Concheiro Nine. A investigación centrouse na posta a punto de procedementos de preparación de micropartículas e deseño de implantes ou andamiaxes (scaffolds) para o tratamento de patoloxías óseas, así como de fármacos para previr as infeccións por fungos a partir de criterios biomiméticos, baseados en estruturas existentes na natureza.
Máis información no seguinte enlace:

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía