Trescentos escolares abren hoxe en Pontevedra a feira Pontenciencia

Máis de 300 escolares, pertencentes a oito centros educativos de Pontevedra, xunto con nove familias, participan este venres e sábado na Escola de Enxeñaría Forestal na fase final de Pontenciencia, unha iniciativa promovida polo Concello de Pontevedra xunto coa Universidade e financiada pola Fecyt dirixida a achegar a achegar a ciencia ao alumnado de Primaria. A partires das propostas formuladas por un comité integrado por profesorado do campus, os nenos e nenas participantes traballaron nos últimos meses nos seus centros nunha serie de investigacións que agora deberán defender ante un xurado integrado por docentes das diferentes facultades e escolas.

Carmen Fouces e Corbacho, na presentación de Pontenciencia.
Carmen Fouces e Corbacho, na presentación de Pontenciencia.

A concelleira de Educación, Carmen Fouces, e o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, salientaron o interese da convocatoria. Corbacho manifestou que “desde un punto de vista egoísta, é para nós unha oportunidade para abrir as nosas portas e dar a coñecer as nosas instalacións” ás universitarias e universitarios do futuro. Fouces, pola súa banda, salientou que Pontenciencia pretende “espertar a curiosidade dos escolares e visualizar a ciencia”, así como “vincular á Universidade coa escola primaria, que é algo que non se fixera nunca e cremos que está dando uns resultados fantásticos”.

Publicidade

Na xornada do venres serson os estudantes dos CEIP San Bieito de Lérez, Marcos da Portela, Santo André de Xeve, San Martiño, Ponte Sampaio e Príncipe Felipe, así como do Centro de Educación Especial Príncipe Felipe, que participa por primeira vez e cuxo alumnado realizará tamén unha reportaxe da feira, os que presentarán un total de 18 de investigacións, que optarán aos premios da categoría Ciencia no Cole. Farano ante un xurado no que están representados, como salientou Corbacho, tanto as cinco facultades e escolas do campus como os dous centros adscritos, a Escola Universitaria de Enfermaría e o Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín.

O sábado a investigación no fogar chegará coa iniciativa Ciencia en Familia

Xa o sábado, chegará a quenda dos nove equipos participantes na categoría de Ciencia en Familia desta feira que conta coa colaboración da Federación de ANPAS de Pontevedra, Misión Biolóxica de Galicia, CIFP Carlos Oroza, Viaqua e Parque Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. Feira que se completará cunha serie de actividades nas instalacións da EE Forestal, entre as que figuran propostas como a iniciativa Mulleres Faro, unhas barallas de cartas nas que, a través do xogo, os nenos e nenas coñezan as traxectorias de científicas como Ángela Ruiz Robles, Ángeles Alvariño ou Inmaculada Paz Andrade, escritoras como Concepción Arenal ou artistas como Maruja Mallo.

Publicidade

O evento contará tamén o sábado, cunha conferencia do investigador do CSIC Luis Sampedro, na que relatará a súa experiencia na Campaña Antártica Española, así como con obradoiros sobre cociña, silvicultura ou experimentación con música electrónica. Do mesmo xeito, lembrou Fouces, as propostas que complementan o evento súmase o proxecto de creación dun mapa sensorial de Pontevedra, unha iniciativa inspirada nunha proposta de investigación formulada ao alumnado nunha edición anterior pola profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Begoña Paz.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Viaxar no tempo

As últimas escavacións en Santa Clara sacan á luz un tesouro arqueolóxico. Por Laura Filloy

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación