O colexio San Martiño gaña o certame Pontenciencia

O colexio San Martiño gañou o primeiro premio na edición de 2017 do certame Pontenciencia, que organiza o Concello de Pontevedra coa colaboración da FECYT. Os escolares deste centro destacaron cos seus experimentos. Os alumnos de 5º centraron os seus proxectos no corpo humano. Por un lado, desenvolveron “Soprarei e soprarei” no que miden a capacidade pulmonar, neste caso dos nenos do colexio, e os factores que inflúen en que aumente ou diminúa. Por outra banda, elaboraron “Con moito tacto” para descubrir cales son as zonas da pel que teñen máis sensibilidade á presión, sendo finalmente as xemas dos dedos.

Pola súa banda, os alumnos de 6º de Primaria quixeron comprobar se o zume de laranxa é o que ten máis vitamina C e se ás 24 horas esta desaparece. Para averigualo, deseñaron o experimento “Fábricas de vitamina C”, no que comprobaron que estas hipóteses eran falsas e que a fresa e o kiwi son os que máis teñen este compoñente. Para rematar, o proxecto “A auga: é condutora ou illante?” quería responder a esta pregunta con auga destilada, da billa, azucrada e salgada, concluíndo que as tres primeiras non son condutoras. Só conduce a electricidade a auga con sal. Aínda que a auga do no so corpo ou a da traída levan sales minerais que poden transportar a enerxía eléctrica.

Publicidade

pontenciencia

O alumnado do colexio Santo André de Xeve gañou o segundo premio, cun traballo que consistía en producir xabóns aromáticos empregando prantas cultivadas na súa propia horta escolar.

O CEE Príncipe Felipe levou o terceiro premo, na súa primeira participación no certame Pontenciencia.

Publicidade

Na categoría de ‘Ciencia en familia’, os gañadores foron os Abad Castro, que recibiron o premio Marie Curie. O seu traballo titulábase “Os números da escala musical“. O segundo premio foi para a familia Budiño Rodríguez, polo seu traballo de investigación titulado “Cos pés na area“, no que chegaron a recoller area de 26 praias da ría de Pontevedra. O terceiro premio, que levaba o nome de Ángeles Alvariño, foi para a familia Souto Vilameá polas súas investigacións tituladas “Ondiñas veeeñen e vaan!“.

A familia Abad Castro recibe o premio de mans da concelleira Carmen Fouces.
A familia Abad Castro recibe o premio de mans da concelleira Carmen Fouces.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia lanza sete pezas audiovisuais para divulgar sobre ciencia e igualdade

O proxecto, en colaboración co Concello de Pontevedra, difundirase a través de Instagram e Tiktok para poñer en valor mulleres científicas que loitaron contra os nesgos de xénero e raza

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona