Pedro Diz Dios, da USC,, membro de honra do Real Colexio de Cirurxiáns de Edimburgo

Pedro Diz Dios, catedrático de Estomatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, foi investidocomo  membro de honra do Real Colexio de Cirurxiáns de Edimburgo. Esta prestixiosa corporación médica fundada en 1505 e considerada como a máis antiga e maior organización cirúrxica do Reino Unido e unha das máis grandes entre as organizacións médicas do mesmo país. Conta con 25.000 profesionais de máis de cen países. O docente da USC convértese así no primeiro español que recibe este recoñecemento no ámbito da súa especialidade.

A proposta de investidura foi presentada polo doutor Howard Moody. Este subliñou “o prestixio internacional de Pedro Diz Dios, cuxa traxectoria académica e investigadora convérteno nun referente da súa especialidade”. De xeito especial, a distinción de honra vén remarcar igualmente “ o seu compromiso cos colectivos máis desfavorecidos da nosa sociedade, unha iniciativa que este Real Colexio se esforza especialmente en promover”. A investidura celebrouse nunha sesión protocolaria presidira polo profesor Michael Lavelle-Jones.

Publicidade

O catedrático Pedro Diz dirixe a Unidade de Odontoloxía para pacientes con necesidades especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía, unidade que el mesmo promoveu hai máis de dúas décadas  e que actualmente é un centro de referencia estatal e internacional no que atende pacientes con Síndrome de Down e discapacidade procedentes de toda Galicia. O recoñecemento súmase a outra designación que Diz recibiu hai uns meses: foi elixido editor da Special Care in Dentistry, órgano oficial de expresión da Special Care Dentistry Association (SCDA). Deste xeito converteuse no primeiro profesional de orixe europea que desempeña esta función

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos