O Xuvenciencia 2016 achega a realidade universitaria ó estudantado preuniversitario

Un total de 205 estudantes de cuarto curso da ESO e de Bacharelato procedentes de máis de medio centenar de concellos das catro provincias galegas, así como de Ibiza e Murcia solicitaron praza para participar na cuarta edición do campus campus de verán da USC Xuvenciencia Lugo 2016. Este programa, que ofrece 130 prazas e a través do que se pretende achegar a realidade universitaria, así como a oferta de estudos, servizos e as investigacións desenvolvidas no Campus Terra da USC ao estudantado preuniversitario, desenvolverase do 27 de xuño ao 1 de xullo na sede universitaria luguesa.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, o grupo Xuvenciencia da USC, que é o promotor deste campus estival orientado a estudantes preuniversitario en cuxa organización colaboran máis dun centenar de profesores do campus de Lugo, vén de publicar este xoves a primeira lista de 130 admitidos, que poderán formalizar a súa matrícula na web ata o mércores 11 de maio.  As persoas incluídas na primeira lista de admitidos que non formalicen a súa matrícula no campus de verán Xuvenciencia no período habilitado para tal efecto perderán a súa praza, que será ofertada logo aos candidatos que figuran en lista de agarda.

Publicidade

Os lugares de procedencia dos estudantes que tramitaron a súa inscrición para participar no campus de verán Xuvenciencia 2016 é bastante heteroxénea, aínda que cabe sinalar que máis do 40% das solicitudes (83) corresponden a estudantes de centros educativos do concello de Lugo, unha cifra que se eleva a 119 de contabilizar todas as solicitudes recibidas de escolares matriculados en centros de ensino preuniversitario da provincia.

Pontevedra, con 44 estudantes preinscritos, e A Coruña, con 37, e Ourense, con dous solicitantes, completan o escenario de procedencia das solicitudes rexistradas no

Publicidade

campus de verán Xuvenciencia Lugo 2016, un programa para o que tamén pediron praza  un estudante de Ibiza e outro do concello murciano de Lorca.

A admisión do alumnado fíxose por estrita orde de inscrición no campus de verán Xuvenciencia, segundo sinalaron os organizadores, que tamén salientaron que 46 das solicitudes recibidas correspóndese con estudantes que xa tomaron parte noutras edicións anteriores deste programa estival e que aspiran de novo a gozar dunha das 30 prazas ofertadas este ano no módulo de veteranos.

O programa de aprendizaxe e convivencia conta con máis de 90 actividades diferentes

Outros datos relativos aos perfís dos estudantes interesados ser gozar do amplo abano de actividades e obradoiros programados no marco co campus de verán Xuvenciencia Lugo 2016 son os que atinxen a cuestións de xénero. Daquela, cómpre dicir que o 60% das solicitudes son de rapazas. A idade da maioría dos candidatos aspirantes está comprendida entre os 15 e os 17 anos e o 50% son estudantes de cuarto curso de ESO, indicaron desde Xuvenciencia.

A nova edición deste campus de verán, que se desenvolve baixo o lema ‘Aprendendo desde a experiencia, presenta un ameno programa de aprendizaxe e convivencia que contempla máis de 90 actividades diferentes, a través das que a USC busca dar a coñecer á mocidade preuniversitaria os distintos itinerarios formativos que poden cursan nas seis facultades e escolas do campus de Lugo, así como nos dous centros adscritos: Escola Universitaria de Relacións Laborais e Escola Universitaria de Enfermaría.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, o campus de verán Xuvenciencia Lugo 2016 brinda un servizo de aloxamento desde a noite do 27 de xuño ata o 1 de xullo na residencia universitaria Abeiro, onde poderán gozar das actividades programadas polos monitores da A.D.C. Lumieira Lugo. A posibilidade de aloxamento, que é demandada por máis de medio centenar dos candidatos incluídos na primeira lista de admitidos, é  complementaria co desenvolvemento das actividades incluídas no programa do campus de verán e está pensada para os participantes procedentes de fóra de Lugo.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS, na elite da ciencia co selo María de Maeztu: “É un recoñecemento ao traballo dos últimos anos”

O investimento previsto para o centro da USC impulsará a captación de talento, a creación de novas infraestruturas e liñas de investigación

Un estudo galego explora o uso de virus para combater as infeccións de ouriña resistentes aos antibióticos

Un estudo liderado dende Galicia analiza un dos patóxenos que máis preocupa nos hospitais e reforza o potencial dos bacteriófagos

O xenoma do anisakis permite desenvolver unha nova ferramenta para o control do parasito

Un estudo con participación galega senta as bases para mellorar os programas de vixilancia e contribuír a un consumo de peixe máis seguro

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa