O profesor da USC Ramón Villares, honoris causa pola Universidade Rennes-2

A Universidade Rennes-2 acaba de investir doutor honoris causa ao catedrático de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares Paz, experto experto en historia agraria, historiografía e historia xeral de Galicia e autor de máis de setenta publicacións. Esta é unha distinción académica que a institución francesa outorga a “personalidades de mérito eminente, que se destaquen nos dominios da ciencia, a educación e a cultura, posuidores dun currículo de gran proxección internacional”.

No acto de aceptación e investidura, o profesor Villares Paz pronunciou o discursos titulado ‘ Bretaña na cultura galega. Similitudes e conexións’. Este novo grao súmase ao outorgados recentemente polas universidades de Minho (2015) e Bos Aires (1992).

Publicidade

Reitor da Universidade de Santiago entre 1990 e 1994, actualmente é o presidente do Consello da Cultura Galega dende 2006. Con anterioridade foi decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e membro fundador e presidente da Asociación española de Historia Contemporánea, así como director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e consultor externo de entidades como o Instituto de Ciencias Sociais portugués ou presidente do Panel de Avaliación das Unidades de investigación en Historia de Portugal. Tamén pertence aos padroados do Museo do Pobo Galego, da Fundación Luis Seoane e da Fundación Otero Pedrayo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas

A virxe ao servizo da física (ou como reconstruír a historia do clima con procesións)

As rogativas católicas para pedir a intervención divina na meteoroloxía complementan as ferramentas científicas das que dispón a paleoclimatoloxía