O divulgador Ferrán P. Vilar fala de cambio climático no campus de Lugo

O enxeñeiro de Telecomunicación e xornalista científico Ferran P. Vilar, ofrecerá este mércores, a partir das 16.30 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, o relatorio ‘Cambio climático, escaseza enerxética e implicacións mediambientais’.

A intervención do autor do blog Usted no se lo cree, a bitácora dixital galardoada en 2010 co Premio da Fundación Biodiversidade na categoría de comunicación do cambio climático e desde a que hai unha década Ferran P. Vilar divulga e comunica de forma rigurosa e multidisciplinar as conexións que vinculan o cambio climático, a escaseza enerxética e as súas implicacións científicas, políticas e sociais, encádrase no marco do ciclo ‘Ler o Mundo Hoxe… en clave de sostenibilidade ambiental’, que organiza o Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (Sepa) da USC.

Publicidade

Ferrán P. Vilar é autor do premiado blog científico ‘Usted no se lo cree’

O seu principal obxectivo do blog de Ferran P. Vilar é trasladar á clase política en particular e ao público en xeral unha comprensión cabal do funcionamento do sistema climático da Terra, combinando o rigor científico cunha linguaxe accesible a amplas capas da poboación, non exenta de ironía e calidade literaria. Este cometido é fundamental, porque, na opinión deste divulgador científico, os medios de comunicación “son estruturalmente incapaces” de trasladar á poboación os riscos e as ameazas do cambio climático en toda a súa magnitude.

Ademais do seu labor de divulgación, Ferran P. Vilar propón ‘framings’, metáforas e recomendacións para mellorar a comprensión pública do cambio climático e dos límites ao desenvolvemento humano, tal e como actualmente é concebido, impostos pola existencia nun planeta finito.

Publicidade

Unha vez rematado o relatorio de Ferran P. Vilar, o salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado acubillará, de 18.30 a 20.00 horas, un obradoiro sobre a pegada ecolóxica que será dinamizado por Miguel Pardellas, do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (Sepa) da USC.

As persoas de Santiago de Compostela interesadas en asistir a este evento terán dispoñible un autobús gratuíto que partirá ás 14.45 horas desde o aparcadoiro principal do edificio da Facultade de Ciencias da Educación da USC, ubicado no Campus Vida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies