O CiQUS ofrece dez contratos para estudantes de Química

O CiQUS da USC convoca a   sexta edición do seu Programa de Inicio á Investigación , cunha oferta para este curso de dez contratos a tempo parcial destinados a novos estudantes de química que desenvolvan o seu traballo de fin de mestrado (TFM) baixo a dirección dun investigador adscrito ao centro.

As persoas seleccionadas recibirán asesoramento científico a través da súa participación activa nas liñas de traballo desenvolvidas por distintos grupos do CiQUS, entre as que se inclúen a síntese, o illamento, a caracterización ou o estudo experimental e teórico de compostos químicos, biomoléculas e materiais.

Publicidade

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o venres 6 de outubro ás 14:00 horas.

Aquí podes consultar a convocatoria do CiQUS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Par ou impar: unha soa molécula dunha cadea cuántica determina a interacción cun supercondutor

A investigación publicouse na prestixiosa revista 'Nature' e xorde dunha colaboración entre o CiQUS da USC e CIC nanoGUNE

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

Das augas residuais ao combustible do futuro: así produce hidróxeno verde o novo sistema do CiQUS

O equipo de María Giménez-López emprega a urea como materia prima para impulsar unha nova estratexia máis sostible e eficiente