Nova Nerd Nite: seguridade internacional, menopausa animal e relación can-home

O vindeiro mércores 7 celébrase en Santiago de Compostela unha nova edición das Nerd Nites, sesións nocturnas de divulgación científica organizadas pola USC. Nesta ocasión, as Nerd Nites cambian de ubicación, e trasládanse á cafetaría Lasso, no Auditorio de Galicia (Campus Norte).

A partir das 21 horas, participarán tres expertos en diferentes materias. A especialista en conduta animal María Sabell Sierra abordará a cuestión ‘ Como atopou o can ao home?’; o director do Centro de Estudios de Seguridade (CESEG) e ex Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, con ‘Que facemos coa seguridade internacional? Nin arre nin xo’; e a bióloga da conservación, educadora para a prevención do VIH e produtora audiovisual Xiana Fernández-Albor Batallán coa cuestión ‘Por que as candorcas pasan pola menopausa?’.

Publicidade

A entrada é libre e gratuita.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Elefantes, escaravellos e osos polares: estas son as mellores fotografías da natureza do ano

O Museo de Historia Natural de Londres escolle as imaxes máis destacadas do concurso Fotógrafo de Vida Silvestre, que premia composición, innovación e interpretación

Que é e que prognóstico ten o adenocarcinoma, o tumor detectado no pulmón do Papa León XIV

Trátase dun dos cancros máis comúns, orixínase nas células glandulares e presenta unha maior supervivencia ca outras neoplasias pulmonares

Dun anticiclón a ondulacións do chorro polar: unha dina pechará a semana en Galicia

O sábado caen as temperaturas, tanto as máximas, que non superarán os 20 graos na maior parte do territorio galego, como as mínimas, que acadarán os 9 no interior