Juan Picos, José Rodrigo Dapena e Carlos Souto, na presentación das xornadas. Foto: Duvi.
Juan Picos, José Rodrigo Dapena e Carlos Souto, na presentación das xornadas. Foto: Duvi.

Pontevedra acolle as Xornadas galegas de patrimonio natural e biodiversidade

Nove charlas abordarán aspectos como as mareas vermellas, especies ameazadas e a xestión do monte e a paisaxe

A Escola Universitaria de Enxeñería Forestal de Pontevedra acolle este sábado as III Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade. Promovidas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) coa colaboración deste centro da Universidade de Vigo.

Serán nove conferencias durante a xornada do sábado, que se completarán o domingo 24 coa proxección dun documental no Museo de Pontevedra. Nelas abordaranse asuntos como a contaminación luminosa, as mareas vermellas, a xestión do monte e a paisaxe ou a conservación de especies como o oso ou as píntegas.

O representante da Delegación de Pontevedra da SGHN, José Rodrigo Dapena, o director da EE Forestal, Juan Picos, e o director do Campus Crea e Green Campus, Carlos Souto, presentaron este xoves o programa dun evento que mantén aberta a súa inscrición.  “Estamos moi orgullosos de ser anfitrións por terceiro ano destas xornadas, que nos permiten complementar, con relatores de moita calidade, algúns aspectos que son parte do noso plan de estudos, como pode ser a conservación e restauración do patrimonio forestal”, salientou Picos, que subliñou o positivo desta colaboración cunha “entidade da tradición e o prestixio no estudo e defensa do medio natural como a SGHN”.

Nesa mesma liña Carlos Souto lembrou que a SGHN forma parte do Comité Ambiental do Green Campus e sinalou que estas xornadas “céntranse na defensa do patrimonio natural e a biodiversidade, dous obxectivos esenciais dentro da concienciación ambiental”. Fano ademais, engadiu, “a través da educación” polo que “encaixan perfectamente dentro da filosofía do Green Campus, que trata de educar en aspectos que melloren a nosa contorna desde o punto de vista ambiental”.

Programa das xornadas

Sábado 23 de novembro, na Escola de Enxeñaría Forestal

09:30: Recepción de participantes.

09:45: Presentación da xornada: con Juan Picos Martín, Director da Escola de Enxeñería Forestal. e Xosé Lois Rey Muñiz da SGHN.

10:00: Contaminación lumínica: Paulino Gasalla Aller, Vogal da sección de Astronomía da SGHN.

10:45: Tres lugares de alta diversidade vexetal en Galicia: A Lanzada, Melide e Serra de Enciña da Lastra, con Francisco Javier Silva-Pando, CIF de Lourizán (Xunta de Galicia).

12:00: Cen anos de mareas vermellas, con Francisco Rodríguez Hernandez, Centro Oceanográfico de Vigo (IEO).

12:45: Proxecto LIFE Oso Courel, con Óscar Rivas López, Asociación Galega de Custodia do Territorio.

13:30: Xestión do monte e paisaxe na Galicia contemporánea, con Xesús Balboa López, Director do Departamento de Historia da USC.

16:30: Ecoloxía da quenlla peregrina (Cetorhinus maximus) nas costas de Galicia e Cantábrico, con Xulio Valeiras Mota, Centro Oceanográfico de Vigo (IEO).

16:55: Custodia e restauración, con David Rodríguez Barra, Vicepresidente de Ridimoas.

17:20: As rapiñas indican a perda de biodiversidade no interior de Galicia, con Luis Tapia Del Río, Independent Researcher Assistant (Wildlife Biologist Ph.D.)

17:45: A píntega, unha xoia evolutiva con moi mala fama, con Guillermo Velo Antón, CIBIO (Centro de Investigação em Biodiversidade e Recursos Genéticos–Porto).

18:25: Debate

Domingo 24 de novembro, no Museo de Pontevedra

12:00: Proxección do audiovisual “El legado de las rías gallegas” ( No sexto edificio do Museo de Pontevedra, rúa Padre Amoedo Carballo, 3). Diálogo co autor: Jorge J. Candán Illán, de JJ Candán Producciones.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.