Guía para reciclar en Vigo: que vai en cada contedor e que non?

A cidade conta con sete contedores para separar vidro, papel e cartón, envases, materia orgánica e outros residuos

A reciclaxe é ese proceso de reincorporación á cadea produtiva polo cal certos materiais usados ou tirados ao contedor consiguen unha nova vida. Con todo, trátase dun acto que sempre xera moitas dúbidas: que vai en cada un? Por que é tan importante separar ben os residuos? 

Como norma xeral, existen seis contedores: o azul, o verde do vidro, o amarelo, o verde do aceite, o branco e o das pilas. Con todo, en Vigo, aparece unha nova incorporación, o contedor marrón, unha iniciativa creada entre o Concello e FCC Medio Ambiente para tirar a materia orgánica e, con estes residuos, producir un fertilizante natural rico en nutrientes.

Publicidade

Entón, para que serve cada un deles e que non se pode depositar no seu interior?

Sete contedores, sete cores

Existen sete contedores en Vigo con sete cores distintas para poder diferencialos e non errar. 

Publicidade

O contedor verde serve para depositar botellas, tarros e frascos de vidro, polo que non se poden depositar nin vasos, copas, espellos, lámpadas ou cerámica. Mentres, o contedor azul é para papel e cartón, pero cunha matiz importante: teñen que estar limpos, polo que non se inclúen nin papeis sucios, panos de mesa usados ou briks. Estes últimos tíranse no amarelo, no que tamén van os envases de plástico e as latas, pero non se poden xoguetes, cubos, utensilios ou obxectos que non sexan envases. De feito, sempre que se poida, débense eliminar os restos orgánicos dos envases previamente. 

Contedor marrón.
Contedor marrón.

Pero, onde van estes residuos orgánicos? Ao contedor marrón, destinado exclusivamente a restos de comida, mondas de froitas e verduras, cascas de ovos, ósos, cunchas de marisco ou froitos secos, ademais de papel de cociña sen tinguiduras, restos de plantas e tapón de cortiza. Pola contra, non se poden depositar restos de varrer, cinza, cabichas, cueiros, produtos hixiénicos ou excrementos de animais de compañía. Ademais, todos os residuos deben ir metidos nunha bolsa compostable. 

Vigo suma outros tres depósitos especializados: un para as pilas usadas, outro para o aceite e un para roupa e calzado. Ademais, conta con puntos limpos fixos, móbiles e de proximidade. Alí tíranse tapóns de botellas, libros e revistas, residuos de aparatos electrónicos e eléctricos de pequeno tamaño, baterías usadas, lámpadas de baixo consumo, cartuchos de tóner e aerosois, ademais de cápsulas de café, radiografías, e CD’s, DVD’s e cintas de vídeo. 

Erros clásicos

Nunha tarefa como a reciclaxe, onde entran en xogo tantos tipos de contendor, tamén aparecen erros que se repiten ata que non se aprenden. Por exemplo, o contendor amarelo está pensado para envases, pero non se pode meter nel calquera obxecto de plástico. Por outra banda, no caso do verde existe unha confusión: vidro e cristal non son o mesmo, aínda que visualmente se asemellen, pois teñen unha composición distinta; por iso non se poden depositar vasos nel. 

Outro factor importante é a suciedad. No caso dunha caixa de pizza, podería pensarse que vai directamente ao contedor azul; con todo, hai matices. Se o cartón está limpo, vai deposítase no azul, pero se ten graxa ou restos de comida, ten que ir ao contedor de fracción resto, o do lixo.

Consellos para reciclar mellor

Con esta guía de contedores e cores será máis sinxelo reciclar mellor. Pero, para complementar, aquí tes unha serie de consellos para levar ao máximo esta tarefa: 

—Facer unha reciclaxe consciente. Se tes dúbidas, primeiro pregúntache que é o que vas tirar. Por exemplo, se é un envase de plástico, metal ou brik, vai no amarelo; se é de papel ou cartón limpo, ao azul; e, se finalmente é de vidro, ao verde. Os residuos orgánicos deposítanse no contedor marrón.

—Reducir os envases ou produtos de usar e tirar. Unha boa opción é optar por produtos envasados en materiais que despois se poden reciclar con maior facilidade, como cartón, papel ou vidro. 

—Usar o contedor marrón e optar pola compostaxe orgánica, que se traduce nun incremento da fertilidade coa que se poderán producir froitas e verduras, mellorando a calidade do solo e reducindo o uso de produtos químicos.

—Elixir produtos de orixe reciclada e, en consecuencia, reducir a necesidade de extraer materiais novos da natureza ou recurrir a recursos enerxéticos para procesalos.

—Buscar formas de reutilizar os recursos téxtiles antes de botalos, converténdoos en trapos ou empregándoos para facer manualidades. 

—Optar pola reparación de obxectos sempre que sexa posible e economicamente viable. 

Andrea Veiga
Andrea Veiga
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa traxectoria profesional en GCiencia no ano 2024. Apaixonada pola redacción de reportaxes relacionados con animais, saúde e historia, tamén está interesada no ámbito das redes sociais, especialmente na creación de contido audiovisual para plataformas como TikTok.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que facer cos residuos orgánicos? Así funciona o contedor marrón de Vigo

O Concello, en colaboración con FCC Medio Ambiente, impulsa a separación do lixo para transformalo nun fertilizante natural

Gumersindo Feijoo: “Os nosos fillos e netos vivirán menos se abandonan a dieta atlántica”

O catedrático de Química da USC e director científico do CRETUS ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

As doce razóns polas que non funciona a reciclaxe de plástico

As limitacións técnicas, económicas e de deseño fan que a maioría do plástico nunca se recicle de forma efectiva

Reciclar metais é un negocio prioritario a nivel ambiental, económico e xeopolítico

Xestionar aluminio require un menor consumo de enerxía e emite menos gases de efecto invernadoiro que extraelo da natureza