Galiciencia 2017 abre o prazo de recepción de proxectos

A organización de Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, manterá aberto ata o vindeiro 22 de outubro o prazo de inscripción para os proxectos interesados en participar no evento. Na feira, que terá lugar na Tecnópole de San Cibrao das Viñas entre o 22 e o 24 de novembro, participarán os 80 proxectos seleccionados. 50 deles, de Secundaria, Bacharelato e FP, optarán aos premios do certame, e 30 de Primaria e Educación Especial estarán tamén presentes, pero fóra de concurso.

As bases para os proxectos interesados están xa dispoñibles en galiciencia.com. Para garantir unha representación equitativa e diversa dos centros de toda Galicia, cada un deles poderá presentar un máximo de catro proxectos. Deberanse formar equipos de dous alumnos e un profesor, que terán que expoñer a súa idea no formulario de inscrición, sexa un proxecto experimental e tecnolóxico ou un traballo documental.

Publicidade

Coa apertura do prazo de presentación, a feira continúa coa preparación da edición de 2017, que xa comezou hai uns meses co desafío “Atrévete coa astronomía!”. Ademais, en outubro retomarán a súa actividade as Aulas Tecnópole, sesións semanais abertas a todas as áreas do coñecemento.

Galiciencia está apoiada, un ano máis, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria –a través da Axencia Galega de Innovación (Gain)–, e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

Investigadores do CiMUS abren unha vía nova para combater o carcinoma de tiroide máis agresivo

O proxecto siRNA, apoiado polo programa Ignicia da Xunta, desenvolve unha terapia experimental para matar as células tumorais de diversos cancros indiferenciados

Imprimir directamente na boca: un proxecto galego busca acelerar a rexeneración ósea dental

Investigadores do CICA desenvolven un biopen portátil para reproducir enxertos en 3D adaptados ao desperfecto de cada paciente

Unha investigación galega propón un tratamento contra a artrose que ataca o envellecemento celular

O proxecto SENPAD desenvólvese no marco da convocatoria Ignicia Proba de Concepto articulada pola Axencia Galega de Innovación