Chega Hugo, a primeira cicloxénese explosiva da primavera

A primeira fin de semana da primavera chega cun novo temporal con nome propio. Despois, de Ana, Emma, Félix ou Gisele, vez tócalle a Hugo, unha borrasca situada ao norte de Galicia, no Golfo de Biskaia, que se recruará rapidamente (o que se coñece como cicloxénese explosiva) e traerá fortes ventos e unha situación complicada no mar. Así, desde as 3 da madrugada do sábado, xa está activado un aviso de nivel vermello por ondas que poderían chegar aos 10 metros entre Laxe e Ribadeo, segundo avanza MeteoGalicia.

Aínda que o risco por ondas será o máis grande, non vai ser o único episodio adverso que deixará Hugo en Galicia. Desde as 15 horas ata as 21 horas do venres actívase o nivel amarelo en toda Galicia por ventos de máis de 70 quilómetros por hora. E alén disto, xa desde o mediodía comezará o risco no litoral, con nivel laranxa en case toda a costa por vento no mar do oeste de forza 8. E tamén chegará a neve: na montaña de Lugo e Ourense hai aviso amarelo entre as 18 horas do venres e as 18h do sábado por acumulacións que poderían chegar aos 5 centímetros de espesor.

Publicidade

Os restos da borrasca complicarán a situación o sábado. Manterase ata as 18 horas o nivel amarelo por vento en toda Galicia. Na costa e nas zonas altas, segundo sinala Aemet, podería acadarse refachos de 110km/h. E ademais, alén do aviso vermello por ondas, haberá tamén nivel laranxa por vento no mar de forza 8. E a neve tamén podería chegar ao sur de Ourense, polo que se estende a esta zona o nivel amarelo.

Con todo, tal e como se formou rápido, Hugo debilitarase tamén en cuestión de horas. Na noite do sábado é moi probable que remitan os fenómenos adversos, deixando paso a unha xornada de domingo bastante máis tranquila.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tempo cambiará de maneira radical en Galicia: volve a chuvia e caen as temperaturas 10 graos

A partir do luns, unha fronte fría asociada a unha borrasca atravesará a comunidade

Galicia rexistra máis de 100 raios en apenas 24 horas

A maior concentración de descargas eléctricas durante o 1 de maio produciuse en Vilagarcía de Arousa, sobre todo na franxa do mediodía

Un tren de borrascas traerá abundante chuvia e descenso térmico a Galicia na ponte de maio

A vindeira semana estará marcada pola alta probabilidade de precipitacións en todo o territorio, con temperaturas que non superarán os 15 graos

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204