EN DIRECTO | #conversasCINBIO, con Miguel Correa

O director do Centro de Investigacións Biomédicas da UVigo participa no primeiro encontro da serie que se celebrará todos os martes de xuño

O Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo e GCiencia comezan este martes 1 de xuño #ConversasCINBIO, un ciclo de entrevistas con científicas e científicos do centro que se desenvolverá durante os cinco martes deste mes. Varios membros do persoal investigador do centro achegarán ao público o traballo que desenvolven.

O primeiro encontro será con Miguel Ángel Correa Duarte, director do CINBIO desde outubro de 2019 e líder do grupo de investigación TeamNanoTech. Miguel Correa Obtivo grao de doutor en Química pola Universidade de Vigo en 2002. Tras este período realizou estadías de posdoutoramento en CAESAR (Alemaña) e Arizona State University (EUA). Na actualidade ocupa unha praza de profesor titular no Departamento de Química Física da Universidade de Vigo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades

Máis aló da madeira: o proxecto galego que busca novos aproveitamentos do monte dende Baroña

Multi-Forest, unha iniciativa impulsada dende Feuga, aplica imaxes satelitais para diversificar os usos do territorio, dende a micoloxía ata o certificado de calidade

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Tres científicos e dúas científicas de USC e UVigo reciben as Medallas de Investigación

Os premios da Real Academia Galega de Ciencias recoñecen a Mabel Loza, Sebastian Villasante, Leandro Alejano, Rosa Crujeiras e Francisco Rivadulla