Chega a borrasca explosiva ‘Justine’ con choivas e avisos por vento

A nova fronte comezará a notarse en Galicia este xoves, pero para o venres están activados avisos amarelos e laranxas, especialmente na zona norte

O tren de borrascas continúa a toda máquina sobre Galicia este xaneiro. Tras o paso de Hortensia, chega agora a Justine, convertida en cicloxénese explosiva, que entrará en Galicia a última hora deste xoves, aínda que os efectos máis importantes van ser evidentes o venres, aínda que poderían persistir o sábado, segundo indicou Meteogalicia.

Serás unhas xornadas nas que se esperan intensas choivas e fortes refachos de vento. Os primeiros efectos da formación de Justine deixaranse sentir xa este mércores na zona da Mariña, en Lugo, onde está activado o aviso amarelo a partir das 18,00 horas por refachos superiores aos 80 km/h.

Publicidade

Este aviso amarelo vai manterse para o xoves na comarca lucense, yque ampliarase, a partir das 09,00 h por ventos do suroeste, combinados con forza 7 na Costa da Morte e a costa noroeste da Coruña.

Pero o impacto principal da borrasca tocará Galicia o venres e durante as primeiras horas do sábado. Justine recibe a denominación de ‘explosiva’ pola rapidez coa que se forma e como se moverá, o que dificulta prognosticar, tanto a súa traxectoria exacta, como os seus efectos.

Publicidade

Para a xornada do venres, Meteogalicia xa activou aviso laranxa por ventos moi fortes no litoral da Costa da Morte e o norte da Coruña. Pero a natureza ‘exploxiva’ de Justine fai que a situación poida cambiar nas vindeiras horas, mesmo con avisos máis imporantes.

Pola súa banda, a Axencia Estatal de Meteoroloxía ( Aemet), mantén para o venres a alerta amarela en toda Galicia por fortes ventos, con refachos de ata 80 km/ h, e na provincia da Coruña. A iso súmase un aviso da mesma intensidade no mar, con ventos do sur ou suroeste de forza 7.

Aquí podes consultar o boletín de avisos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía