Caída mundial de WhatsApp

Caída mundial de WhatsApp. Como xa semella ser unha tradición, ao achegarse as últimas horas do ano e aumentar considerablemente o tráfico de datos, a aplicación de mensaxería móbil deixou de funcionar a nivel mundial.

A rede de WhatsApp permanece caída dende as 19:50 horas aproximadamente deste domingo, 31 de decembro. Segundo comentan os usuarios do resto de redes sociais, a caída é a nivel mundial. En Twitter non tardaron en comentar o acontecido, convertendo en trendic topic mundial o hashtag #whatsappdown. A última caída que sufriu este servizo foi o pasado 30 de novembro, cando deixou de funcionar a nivel mundial, despois de facelo tamén a principios de novembro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Celta vs. Deportivo: dúas formas de reivindicar a lingua galega dende o fútbol

As estratexias de comunicación de ambos clubes buscan reforzar o vínculo coa afección e coa cultura do territorio a través do idioma

A Unión Europea propón prohibir as redes sociais aos menores de 13 anos e restrinxilas ata os 15

A nova EU Kids Act podería afectar a videoxogos e chatbots de intelixencia artificial e limitar os sistemas de retención de usuarios

Maite Taboada, colaboradora de Google: “O odio comeza por nós, o que fan as redes sociais é distribuílo”

A nova membro da Real Academia Galega de Ciencias é catedrática de Lingüística no Canadá, onde centra a súa liña de investigación na análise do discurso na rede e da desinformación

A información falsa sobre os protectores solares xera máis interacción en TikTok que os datos científicos

Só o 6% dos vídeos analizados por un estudo canadense mencionaba de forma explícita a redución do risco de cancro