As oposicións a Educación xa teñen data: 19 de xuño

Duplicarase o número de tribunais e a Xunta espera que concurran uns 27.000 opositores para as prazas de Primaria e Secundaria

As oposicións a Educación xa teñen data: serán a partir do vindeiro 19 de xuño, despois de que foran canceladas na convocatoria do ano 2020, por mor das restricións da pandemia.

Tras a reunión semanal do Goberno galego, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que para cumprir os protocolos de seguridade aumentados pola pandemia, aumentarase o número de tribunais, que serán máis do dobre que en anteriores convocatorias, ao pasar dos 163 do 2019 a 359 neste 2021.

Publicidade

A Xunta agarda unha cifra entre “26.000 e 27.000 participantes“, o que supón que haberá unha praza dispoñible por cada 9 opositores. A convocatoria deste ano é a segunda con maior número de prazas desde 2007, cando se puxeron sobre a mesa 3.125.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite