Alerta laranxa e amarela no San Xoán por tormentas e sarabia no leste de Galicia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía advirte de treboadas, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, durante o mércores e o xoves

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) advertiu este martes de episodios de tormentas con aparello eléctrico e mesmo pedrazo no leste de Galicia durante as xornadas do mércores e o xoves. O nivel de alerta chegará a ser laranxa na segunda metade do mércores na montaña de Lugo, debido aos lóstregos e ás precipitacións, que poden caer tamén en forma de sarabia e que poderían acumular ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. O aviso será amarelo no resto da provincia de Lugo (agás A Mariña) e boa parte da provincia de Ourense. Parte desta provincia mantense durante este martes con aviso amarelo por altas temperaturas. Con todo, a noite previa a San Xoán será apacible e agradable en toda Galicia.

Segundo explica o parte de MeteoGalicia, a situación vén dada pola entrada de aire frío en altura e aire húmido no litoral, mentres se está retirando o anticiclón. Así, aínda que o día de San Xoán amencerá con ceos abertos (agás néboas puntuais no litoral), a partir do mediodía medrarán nubes de evolución no interior de Galicia que deixarán chuvascos, localmente fortes e con aparato eléctrico. Así, as temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente.

Publicidade

O aviso amarelo manterase durante o xoves, entre as 12 e as 21 horas nas zonas de montaña de Lugo e Ourense e o sur das dúas provincias. Neste día manterase a inestabilidade atmosférica, con aire cálido en superficie e aire frío en altura. O venres chegará unha fronte fría polo oeste con moita humidade, o que provocará, ademais de precipitacións, un descenso moderado nas temperaturas mínimas e notable nas máximas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional