A Coruña bate o rexistro da temperatura máxima en setembro: 35,4ºC

A cidade supera en máis de 3ºC o rexistro anterior, de 2018, un día antes de que se produza en Galicia unha baixada brusca de máis de 10ºC nas máximas

A Coruña viviu este domingo o día máis caloroso desde que existen rexistros no mes de setembro. O termómetro acadou os 35,4ºC pasadas as 14 horas, o que supón o valor máis alto, por riba do anterior máximo absoluto de 31,9ºC de 2018. Foi un día abafante no noroeste de Galicia, que levou a activar o aviso amarelo por temperaturas elevadas, debido a que o vento do sur reduciu o efecto de suavizar as temperaturas que achega a brisa mariña.

https://twitter.com/AEMET_Galicia/status/1305140174737862656

Publicidade

Así, outras localidades da provincia acadaron valores moi altos, como Culleredo (36,4ºC) Ferrol (36ºC), ou Carballo (35,9º). Tamén en Lugo se chegou aos 36,9ºC na estación da Aemet en Fingoi., segundo  O día foi igualmente caloroso na ribeira ourensá e pontevedresa do Miño, onde son máis habituais as temperaturas por riba dos 35ºC. Así, Ribadavia acadou o rexistro máis alto do territorio estatal, con 38,3ºC, e superáronse os 36ºC en Ponteareas ou Ourense.

Noite tropical

Antes da calorosa xornada do domingo, a madrugada marcou tamén rexistros moi altos de temperatura. No oeste de Galicia, en zonas como Fisterra, Carnota, Corrubedo, Vigo, superáronse os 22ºC durante boa parte da noite, o que se denomina como “noite tropical”, ao non caer os termómetros por baixo dos 20ºC. E mesmo en estacións montañosas, como a do Courel, a case 800 metros de altura, as condicións atmosféricas provocaron que non se caera dos 20ºC en toda a noite. Pola contra, nas chairas da Limia, o val de Monforte ou a Terra Chá, a temperatura chegou a estar por baixo dos 10ºC.

Publicidade

Forte descenso de temperaturas

Mais despois dun dos días máis calorosos do verán notaranse os efectos dunha borrasca que deixará precipitacións polo menos durante a primeira parte da semana. O mapa baixo estas liñas amosa o notable cambio: as temperaturas máximas caerán máis de 10ºC na cornixa atlántica da Península Ibérica, e as mínimas caerá ata 5ºC.

Variación das temperaturas máximas respecto ao día anterior

E a Aemet mesmo avanza un aviso de nivel amarelo por precipitacións e tormentas en boa parte de Lugo e Ourense, debido a cantidades superiores a 15 litros por metro cadrado nunha hora, como tamén advirte MeteoGalicia.

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1305205498376052737

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos